Centros sociosanitarios e residencias de maiores

Información asociada

Centros sociosanitarios e residencias de maiores

Tras a aprobación, o pasado 4 de xullo, da Orde SND/726/2023 pola que se declara a finalización da situación de crisis sanitaria ocasionada pola COVID-19, os centros sociosanitarios xa NON precisan continuar declarando os casos COVID-19 diagnosticados nos mesmos e, polo tanto, o aplicativo habilitado para tal fin xa non se atopa operativo. Non obstante, os centros sociosanitarios residenciais teñen a OBRIGA DE DECLARAR AS SOSPEITAS DE ABROCHOS DE INFECCIÓN RESPIRATORIA AGUDA relacionados co seu centro e APLICAR MEDIDAS PREVENTIVAS ANTE A APARICIÓN DE CASOS ESPORÁDICOS. Dispón das medidas actuais de prevención contra as infección respiratorias agudas e do protocolo específico de Vixilancia, prevención e control das infeccións respiratorias agudas en Galicia - Centros sociosanitarios residenciais de persoas vulnerables, na seguinte ligazón: https://www.sergas.gal/Saude-publica/Vixilancia-prevencion-control-IRAs​


Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde