Guía de actuación para persoas con Alerxias ou Asma. Estado de alarma por COVID-19
Manteña as recomendacións para previr o contaxio polo virus COVID-19 https://coronavirus.sergas.gal/
• Os pacientes alérxicos non teñen maior risco de contraer a infección do COVID-19, pero deben extremar as precaucións, xa que son máis susceptibles a contraer unha infección respiratoria.
• As patoloxías alérxicas que empezan a aparecer estes días teñen unha serie de efectos que se poden confundir cos síntomas do coronavirus. https://escolasaude.sergas.gal/Contidos/Curso-online-alerxia
Con todo, os síntomas da alerxia primaveral
• Remiten co tratamento antihistamínico.
• Empeoran ao aire libre (no balcón) e melloran no interior da casa.
• Xeralmente non hai febre.
• En caso de asma (tose seca e dificultade para respirar), os síntomas remiten co broncodilatador de rescate.
As persoas con alerxia experimentan picor de ollos e nariz. Debe lembrarse a importancia de lavar as mans con frecuencia e evitar tocar a cara.
Débese evitar ventilar as casas entre as 12 e as 17 horas porque son as horas con maior cantidade de poles no aire.
É importante seguir os tratamentos prescritos polo seu médico/a para a alerxia e/ou asma.
Recorde:
• Pode consultar o seu plan de dispensación na plataforma é-saúde, se vostede a ten activada.
• As farmacias poden facer entrega de medicamentos e produtos sanitarios a domicilio se é preciso.