Guia de actuación para persoas con Hipertensión Arterial. Estado de alarma por COVID-19
• Non deixe de tomar a súa medicación habitual. Non hai evidencia de que nos pacientes estables sexa necesario o cambio de ningún dos fármacos usados para o tratamento da tensión arterial.
• Calquera cambio da medicación debe ser prescrito polo seu médico. Procure ter a medicación necesaria evitando así desprazamentos innecesarios.
• Continúe realizando o réxime dietético recomendado polos seus profesionais sanitarios de referencia.
• Tamén e importante que continúe na casa cos controis da tensión arterial tal como viña facendo e que avise ao seu médico no caso de que as cifras non sexan as habituais.
• A actividade física é importante. Realice a actividade física que ten recomendada ,dentro das restricións establecidas.
Recorde:
• Pode consultar o seu plan de dispensación na plataforma é-saúde , se vostede a ten activada.
• As farmacias poden facer entrega de medicamentos e produtos sanitarios a domicilio se é preciso.