A
Dirección Xeral de Saúde Pública, tras a aprobación o pasado 4 de
xullo da Orde
SND/726/2023 pola que se declara a finalización da
situación de crisis sanitaria ocasionada pola COVID-19,
establece medidas específicas sobre o uso das máscaras e
reforzo das precaucións estándar e aplicación das precaucións
específicas baseadas no mecanismo de transmisión.
USO
DA MÁSCARA: Tras
a modificación do uso da máscara, é preciso que os centros
sanitarios e a cidadanía teñan en conta a importancia de seguir
utilizando a máscara como medida de prevención que permita protexer
á poboación máis vulnerable.
Por isto, no que respecta concretamente ao uso da máscara, e sen
prexuízo da aplicación de calquera medida adicional baseada no
mecanismo de transmisión, debe recordarse a importancia de facer un
uso adecuado da máscara.
MEDIDAS PARA CENTROS
SANITARIOS:
Medidas
comúns:
- Uso
de máscara cirúrxica por parte de calquera persoa que presente
síntomas compatibles cunha infección respiratoria (profesionais,
pacientes e visitas/acompañantes).
- Uso
de máscara, alo menos cirúrxica, en profesionais que atendan a
pacientes con síntomas compatibles cunha infección respiratoria.
- Uso
de máscara con filtro de partículas (FFP2 ou FFP3) cando exista
sospeita de infección respiratoria e se realicen procedementos
xeradores de aerosois.
- O
persoal sanitario instará ás persoas que acudan a un centro
sanitario e se atopen inmunodeprimidas ou presenten alto risco de
desenvolver unha infección respiratoria aguda grave (por exemplo:
pacientes transplantados, con fibrose quística, en diálise,
oncohematolóxicos...), ao uso da máscara e informará dos
beneficios que esta lles pode aportar.
Medidas
específicas para áreas de maior risco: pode
consultar o documento específico en MEDIDAS
PREVENTIVAS EN CENTROS SANITARIOS DE GALICIA.
MEDIDAS
PARA CENTROS SOCIOSANITARIOS: pode
consultar o documento específico en VIXILANCIA,
PREVENCIÓN E CONTROL DAS INFECCIÓNS RESPIRATORIAS AGUDAS EN
GALICIA: CENTROS SOCIOSANITARIOS RESIDENCIAIS DE PERSOAS VULNERABLES
RECOMENDACIÓNS
PREVENTIVAS PARA CASOS: pode
consultar o documento específico en RECOMENDACIÓNS
PREVENTIVAS PARA CASOS SOSPEITOSOS E CONFIRMADOS DE INFECCIÓN
RESPIRATORIA AGUDA
RECOMENDACIÓNS
PREVENTIVAS PARA CONTACTOS: pode
consultar o documento específico en MEDIDAS
PARA CONTACTOS ESTREITOS DE INFECCIÓN RESPIRATORIA AGUDA