FINALIZACIÓN DA SITUACIÓN DE CRISE SANITARIA

FINALIZACIÓN DA SITUACIÓN DE CRISE SANITARIA


A Dirección Xeral de Saúde Pública, tras a aprobación o pasado 4 de xullo da Orde SND/726/2023 pola que se declara a finalización da situación de crisis sanitaria ocasionada pola COVID-19, establece medidas específicas sobre o uso das máscaras e reforzo das precaucións estándar e aplicación das precaucións específicas baseadas no mecanismo de transmisión.

USO DA MÁSCARA: Tras a modificación do uso da máscara, é preciso que os centros sanitarios e a cidadanía teñan en conta a importancia de seguir utilizando a máscara como medida de prevención que permita protexer á poboación máis vulnerable. Por isto, no que respecta concretamente ao uso da máscara, e sen prexuízo da aplicación de calquera medida adicional baseada no mecanismo de transmisión, debe recordarse a importancia de facer un uso adecuado da máscara.

MEDIDAS PARA CENTROS SANITARIOS: 

Medidas comúns: 

- Uso de máscara cirúrxica por parte de calquera persoa que presente síntomas compatibles cunha infección respiratoria (profesionais, pacientes e visitas/acompañantes). 

- Uso de máscara, alo menos cirúrxica, en profesionais que atendan a pacientes con síntomas compatibles cunha infección respiratoria. 

- Uso de máscara con filtro de partículas (FFP2 ou FFP3) cando exista sospeita de infección respiratoria e se realicen procedementos xeradores de aerosois.

- O persoal sanitario instará ás persoas que acudan a un centro sanitario e se atopen inmunodeprimidas ou presenten alto risco de desenvolver unha infección respiratoria aguda grave (por exemplo: pacientes transplantados, con fibrose quística, en diálise, oncohematolóxicos...), ao uso da máscara e informará dos beneficios que esta lles pode aportar.

Medidas específicas para áreas de maior risco: pode consultar o documento específico en MEDIDAS PREVENTIVAS EN CENTROS SANITARIOS DE GALICIA

MEDIDAS PARA CENTROS SOCIOSANITARIOS: pode consultar o documento específico en VIXILANCIA, PREVENCIÓN E CONTROL DAS INFECCIÓNS RESPIRATORIAS AGUDAS EN GALICIA: CENTROS SOCIOSANITARIOS RESIDENCIAIS DE PERSOAS VULNERABLES 

RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS PARA CASOS: pode consultar o documento específico en RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS PARA CASOS SOSPEITOSOS E CONFIRMADOS DE INFECCIÓN RESPIRATORIA AGUDA

RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS PARA CONTACTOS: pode consultar o documento específico en MEDIDAS PARA CONTACTOS ESTREITOS DE INFECCIÓN RESPIRATORIA AGUDA ​