Apps COVID-19

Apps COVID-19

App PassCOVID.gal App Radar-COVID  

Radar COVID é a aplicación deseñada polo Goberno de España para axudar a evitar a propagación do coronavirus (COVID-19). Radar COVID avísache de maneira anónima do posible contacto que puideches ter nos últimos 14 días cunha persoa que resultase infectada e no caso de producirse ese contacto facilítache a comunicación coa sanidade pública.

PassCOVID.gal é a aplicación deseñada pola Xunta de Galicia para axudar a coidarnos da COVID-19. PassCovid complementa a RadarCovid e permíteche consultar información de interese, recibir avisos se estiveches nun establecemento de risco por concentración de contaxios e se fuches diagnosticado/a de COVID-19, podes comunicar aos teus contactos estreitos, os lugares onde estiveches e consultar o teu código de Radar COVID.