Alerxia

Alerxia

Guía de actuación para persoas con Alerxias ou Asma. Estado de alarma por COVID-19​​

Manteña as recomendacións para previr o contaxio polo virus COVID-19 https://coronavirus.sergas.gal/

• Os pacientes alérxicos non teñen maior risco de contraer a infección do COVID-19, pero deben extremar as precaucións, xa que son máis susceptibles a contraer unha infección respiratoria.

• As patoloxías alérxicas que empezan a aparecer estes días teñen unha serie de efectos que se poden confundir cos síntomas do coronavirus. https://escolasaude.sergas.gal/Contidos/Curso-online-alerxia​

Con todo, os síntomas da alerxia primaveral

• Remiten co tratamento antihistamínico.

• Empeoran ao aire libre (no balcón) e melloran no interior da casa.

• Xeralmente non hai febre.

• En caso de asma (tose seca e dificultade para respirar), os síntomas remiten co broncodilatador de rescate.

As persoas con alerxia experimentan picor de ollos e nariz. Debe lembrarse a importancia de lavar as mans con frecuencia e evitar tocar a cara.

Débese evitar ventilar as casas entre as 12 e as 17 horas porque son as horas con maior cantidade de poles no aire.

É importante seguir os tratamentos prescritos polo seu médico/a para a alerxia e/ou asma.

Recorde:

• Pode consultar o seu plan de dispensación na plataforma é-saúde, se vostede a ten activada.

•​ As farmacias poden facer entrega de medicamentos e produtos sanitarios a domicilio se é preciso.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde