Cancro

Cancro

• Se recibe tratamento de cancro, por favor, manteña a sua cita salvo que reciba outras indicacions.

• O/a médico/a poderá considerar a importancia de faltar a unha sesión de tratamento ou a unha cita médica fronte ao risco de expoñelo/a a unha infección. É posible que se demoren algunhas citas de seguimento de rutina ou programar citas por telemedicina.En todo caso avisaranlle de calquer cambio.

• Ademais, recoméndase levar unha lista de persoas de contacto en caso de emerxencia (familiares, amigos, veciños…)para que figure no seu historial.

• Se comeza con síntomas ( febre,tose,dificultade para respirar) , póñase en contacto co seu médico ou co 061.

Recorde:

• Pode consultar o seu plan de dispensación na plataforma é-saúde , se vostede a ten activada.

• As farmacias poden facer entrega de medicamentos e produtos sanitarios a domicilio se é preciso.

• A Asociación Española Contra o Cancro dispón dunha canle telefónica Infocancro, 24 horas todos os días, 900 100 036​

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde