Cardiovascular

Cardiovascular

• É conveniente que as persoas con enfermidades cardiovasculares dado que poden ter un maior risco de infección, sexan especialmente coidadosas.

• As precaucións que deben tomar os pacientes con enfermidades cardiovasculares para evitar contaxiarse son as mesmas que para a poboación xeral con algunhas indicacións a maiores:

• Siga unha alimentación saudable. https://xenteconvida.sergas.es

• A base da súa dieta debe ser verduras, froitas, cereais (pan, fariña e pasta) integrais, froitos secos e proteínas (legumes, peixe, aves).

• Restrinxa o consumo de sal, a Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda non consumir máis de 5 g de sal ao día. Lembre que a maior parte do sal está oculto en alimentos procesados (consulte a etiqueta nutricional que está nos envases).

• Diminúa o consumo de graxas de orixe animal, elixa aceite de oliva e aumente o consumo de peixe (azul e branco).

• Evite o consumo de alcohol e tabaco xa que empeoran as enfermidades cardiovasculares, e ademáis debilitan o sistema inmunológico (as defensas do noso organismo)

• Mantéñase activo na súa casa e evite permanecer sentado moito tempo.

• Para controlar a ansiedade e mellorar o seu benestar emocional mantéñase ocupado, é a mellor maneira para protexer a súa saúde cardiovascular durante estes días.

Recorde:

• Pode consultar o seu plan de dispensación na plataforma é-saúde , se vostede a ten activada.

• As farmacias poden facer entrega de medicamentos e produtos sanitarios a domicilio se é preciso.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde