Diálise

Diálise

Guía de actuación para persoas co​n Enfermidade Renal Crónica en Tratamento de Diálise. Estado de alarma por COVID-19.

Os pacientes en diálise constitúen un grupo de risco desde o punto de vista epidemiolóxico porque acoden a tratamento con regularidade (dúas a seis veces por semana), para as sesións de diálise, e ademais moitos o fan en transporte sanitario colectivo, que pode favorecer a propagación da infección por coronavirus.

Por todo iso, ademais das recomendacións xerais que deben de seguir para o seu autocoidado na casa, é importante sinalar unhas normas de actuación para identificar e tratar precozmente os casos de infección e conter,na medida do posible, a diseminación a outros enfermos e ao persoal sanitario:

• Ante a aparición de síntomas de infección respiratoria (febre, tos, sensación de falta de aire), ou no caso de terse diagnosticado un caso de infección por coronavirus na familia, a primeira acción a realizar é poñerse en contacto coa Unidade de Diálise.

• Se é posible, recoméndase que o traslado a Unidade de Diálise sexa no seu propio vehículo, tratando de evitar o transporte colectivo.

• Evitarase viaxar con acompañante no transporte colectivo destinado aos pacientes.

• Debe realizar hixiene de mans antes de entrar na ambulancia e antes de acceder a Unidade de Diálise.

• Non debe saír de casa salvo para as sesións de diálise, e no caso de saír debe levar unha máscara cirúrxica.

Recorde:

• Pode consultar o seu plan de dispensación na plataforma é-saúde , se vostede a ten activada.

• As farmacias poden facer entrega de medicamentos e produtos sanitarios a domicilio se é preciso.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde