Doazóns COVID-19


A Xunta de Galicia habilita un servizo de DOAZÓNS, tanto de material como económicas, para que os interesados, sexan particulares ou empresas, poidan realizar as súas aportacións na loita contra o coronavirus.

BOTEMOS UNHA MAN!



DOAZÓNS DE MATERIAL:

Para todos aqueles que desexen colaborar DOANDO MATERIAL pregamos que nos fagan chegar unha mensaxe de correo electrónico ao enderezo grazasgalicia@sergas.gal indicando os seguintes datos…


- Para empresas:

. Datos fiscais

. Persona de contacto

. Teléfono

. Enderezo de correo electrónico

. Tipo de material que desexa doar, especificando si se trata de material sanitario (mascarillas, luvas, …) ou doutro tipo de material (alimentos, auga, …) coas súas características e cantidades.


- Para particulares:

. Nome

. Teléfono

. Enderezo de correo electrónico

. Tipo de material que desexa doar, especificando as características e cantidades do mesmo.



DOAZÓNS ECONÓMICAS:

O procedemento para colaborar con DOAZÓNS ECONÓMICAS, tanto para particulares como para empresas, consiste en facer unha TRANSFERENCIA BANCARIA a calqueira destas contas, que a Xunta de Galicia ten habilitadas para tal fin:


- ABANCA: ES23 2080 0388 2231 1000 3170

- B. SABADELL: ES30 0081 5363 2800 0114 1816

- CAIXABANK: ES02 2100 8685 3202 0001 5126

- SANTANDER: ES75 0049 2932 8021 1406 4873

- BBVA: ES32 0182 6244 4502 0150 5342 

 

No proceso de transferencia, debe facer constar o seu nome (no caso de realizar unha DOAZÓN ANÓNIMA so é necesario especificar “anónimo” en lugar do nome), o concepto “DOAZÓNS COVID-19” e a cantidade a doar.


*As cantidades doadas son deducibles fiscalmente, para o que se remitirá o correspondente certificado. Para elo debe remitir un correo electrónico ao enderezo grazasgalicia@sergas.gal​ indicando os seguintes datos:

- Nome e apelidos

- NIF

- Domicilio


MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS!!!!!!








Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio