EPOC

EPOC

Guia de actuación para persoas con Enfermidade Pulmonar Obstrutiva Crónica ( EPOC). Estado de alarma por COVID-19.

Ademáis das recomendacións para a poboación xeral, aconséllase:

• Evite estar moito tempo sentado. É importante manterse activo durante este tempo de confinamento.

• Manterse ben hidratado. O mellor é a auga, as infusións e os zumes naturais.Procure facer unha dieta sana. https://xenteconvida.sergas.es

• Se ten osíxeno na casa ou utiliza un aparato de ventilación mecánica non invasiva, recorde utilizalo da forma indicada polo seu médico/a de referencia .

• Realice os exercicios respiratorios que o seu equipo sanitario lle recomendou.

Recorde:

• Pode consultar o seu plan de dispensación na plataforma é-saúde , se vostede a ten activada.

• As farmacias poden facer entrega de medicamentos e produtos sanitarios a domicilio se é preciso​

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde