Entrega de medicamentos e produtos sanitarios na situación de emerxencia polo Covid-19

Entrega de medicamentos e produtos sanitarios

Vivimos unha situación excepcional, a causa da Covid-19 e a declaración do Estado de Alarma. E resulta necesario asegurar a dispensación de medicamentos e produtos sanitarios daquelas persoas máis susceptibles de padecer complicacións pola devandita infección. E asegurar tamén o illamento no domicilio destas persoas. Comunicase:

Habilítase a prestación de entrega de medicamentos e productos sanitarios a domicilio (contemplada no artigo 7,1 da Lei 3/2019 para Supostos especiais)

As persoas usuarias que residan en zonas rurais illadas ou sexan dependentes, cunhas características e necesidades asistenciais específicas, nas que concorran perda de autonomía funcional e necesidades de coidados por enfermidade crónica, poderán serlles dispensados os medicamentos e produtos sanitarios (coa entrega informada destes no seu domicilio) por unha das cinco oficinas de farmacia máis próximas ao domicilio ou, por expresa decisión do paciente, por outra da mesma área de referencia do punto de atención continuada.​

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio