Información campañas activas vacinación COVID

INFORMACIÓN PARA OS CIDADÁNS SOBRE CAMPAÑAS ACTIVAS DE VACINACIÓN COVID
Nestes momentos estase convocando nos puntos de vacinación os seguintes grupos de persoas:

Dose de recordo en persoas de 80 ou máis anos
◦ Son citadas nos centros de Saúde
◦ A xestión de citas é dende o Hospital de referencia en cada distrito.
◦ Se non acode a cita será citado de novo telefonicamente.
◦ No teléfono 981 21 59 30, non xestionan estas citas.

Dose de recordo en persoas de 79-18 anos
◦ Son citadas de forma automática nos grandes recintos e Hospitais comarcais.
◦ Se non pode acudir a cita será citado de novo.
◦ Non debe chamar a a ningún teléfono para cambiar a cita.

Dose de recordo en persoas  vacinadas con Janssen
◦ Son citadas de forma automática nos grandes recintos e Hospitais comarcais.
◦ Se non pode acudir a cita será citado de novo.
◦ Non debe chamar a a ningún teléfono para cambiar a cita.

Dose de recordo en persoas  vacinadas con Vaxzevria (Astrazeneca)
◦ Son citadas de forma automática nos grandes recintos e Hospitais comarcais.
◦ Se non pode acudir a cita será citado de novo.
◦ Non debe chamar a a ningún teléfono para cambiar a cita.

Dose de recordo en persoal que traballa en centros sanitarios e sociosanitarios.
◦ Son citadas de forma automática nos grandes recintos e Hospitais comarcais.
◦ Se non pode acudir a cita será citado de novo.
◦ Non debe chamar a a ningún teléfono para cambiar a cita.
Se non foi citado, poderá acudir sen cita aos puntos de vacinación establecidos xustificando a pertenza o grupo sinalado.

INICIO DE PAUTA DE VACINACIÓN
 - Persoas con 12 anos cumpridos en diante
  Débese solicitar cita ou acudir o punto de vacinación con entrada libre

 - Persoas nacidas a partir do 1 de xaneiro de 2010 ( 11 anos ou menos)
  Serán citadas de forma automática mediante SMS dende o 15 de Decembro do 2021.
Empezarase cos nenos de maior idade.
Priorizarase a vacinación en inmunodeprimidos e grandes dependentes.


ENTRADA SEN CITA E SOLICITUDE DE AUTOCITA

◦ Poderase solicitar cita para iniciar pauta de vacinación
▪ Teléfono 981 21 59 30, ou (sergas móbil)

◦ Poderase acudir sen cita para:
▪ Iniciar pauta de vacinación
▪ Completar pauta
▪ Vacinación dos nenos que cumpren os 12 anos
▪ Persoas desprazadas, viaxeiros
▪ Outras incidencias

◦ Ver os puntos de vacinación no seguinte enlace:https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Vacinacion-Covid-OC

Persoas inmobilizadas que solicitan vacinación:

Contactarán co seu Centro de Saúde onde se poñerán en contacto coa coordinadora de enfermería.
Desde aí organizarase a vacinación segundo estea establecida pola coordinación de vacinación
Covid responsable desa área sanitaria (dirección de Enfermería/ subdirección A. Primaria Enfermería)

O teléfono 981 21 59 30 SO É PARA SOLICITAR CITA PARA INICIO DE VACINACIÓN NON É PARA CAMBIO DE CITAS AUTOMÁTICAS

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio