Limitación da entrada e saída das persoas do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia

Limitación da entrada e saída das persoas do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia


DECRETO 45/2021, do 17 de marzo, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210317/2591/AnuncioC3B0-170321-1_gl.pdf
 
Resolución de 11 de marzo de 2021, de la Secretaría de Estado de Sanidad, por la que se publica el Acuerdo del Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud sobre la declaración de actuaciones coordinadas frente a la COVID-19 con motivo de la festividad de San José y de la Semana Santa de 2021.

https://boe.es/boe/dias/2021/03/12/pdfs/BOE-A-2021-3841.pdf


Establécese unha limitación de entrada e saída de persoas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia

As excepcións das limitacións de mobilidade son entre outras:
  • Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
  • Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais.
  • Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.
  • Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.
  • Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
  • Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en te­rritorios limítrofes.
  • Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.
  • Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites adminis­trativos inaprazables.
  • Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.
  • Asistencia a academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación.
  • Por causa de forza maior ou situación de necesidade


Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde