Medidas de prevención aplicables na Comunidade Autónoma de Galicia

ORDE do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20211022/2796/AnuncioC3K1-221021-2_gl.pdf

ORDE do 21 de outubro de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20211022/2796/AnuncioC3K1-221021-1_gl.pdf

ORDE do 25 de novembro de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 22 de outubro de 2021, pola que se establecen medidas de prevenciónespecíficas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20211125/2825/AnuncioC3K1-251121-5_gl.pdf

ORDE do 25 de novembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20211126/2827/AnuncioC3K1-251121-1_gl.pdf

​As medidas previstas terán efecto desde as 00.00 horas do día 27 de novembro de 2021


USO DA MÁSCARA

  • A máscara será obrigatoria en todo momento para as persoas de seis ou máis anos en espazos pechados ou que se encontren abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
  • Na vía pública e en  espazos ao aire libre, e en ambos casos , cando a  aglomeración de persoas  impidan  manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
  • Nos medios de transporte aéreo, marítimo, en autobús e por ferrocarril e estacións de viaxeiros así como nos transportes públicos e privados complementarios de viaxeiros en vehiculos de ata nove prazas incluído o condutor.
  • Nas actividades no ámbito laboral desenvolvidas en espazos interiores, comúns ou de uso colectivo ou en calquera outra dependencia en que estean varios traballadores/as e/ou clientes será tamén obrigatorio o seu uso.
  • Tamén será obrigatoria para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias e piscinas cando se produzan aglomeracións de persoas que impidan  manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.


EXCEPCIÓNS:

  • Persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitar a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.
  • Nos vehículos de turismo, cando todas as persoas ocupantes convivan no mesmo domicilio.
  • No mar, praias e piscinas no momento do baño e mentres se permaneza nun espazo determinado, sempre que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal entre todas as persoas usuarias non conviventes.
  • Nos establecementos de hostalaría e restauración, exclusivamente nos momentos estritamente necesarios para comer ou beber.
  • No exercicio de deporte individual en espazos ao aire libre ou na vía pública, exclusivamente durante a realización da práctica deportiva, sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de 1,5 metros con outras persoas ou deportistas non conviventes. 
  • Na práctica do deporte no medio acuático, sexa este natural ou artificial.


VIDA SOCIAL E COMUNITARIA

  • Lugares de culto: 100% da súa capacidade máxima permitida.
  • Cerimonias nupciais e outras celebración relixiosas ou civís:Cócteis e actos de recepción con aperitivo e público de pé, deben respectar a distancia de seguridade entre persoas non conviventes. Os grupos de persoas de pé poderán ser ata 8 no interior e 15 na terraza.
  • Congresos, actos e reunión laborais, institucionais, académicos ou profesionais: 100% da capacidade autorizada do local sempre que o público permaneza sentado.Cócteis e actos de recepción con aperitivo e público de pé, deben respectar a distancia de seguridade entre persoas non conviventes. Os grupos de persoas de pé poderán ser ata 8 no interior e 15 na terraza.
  • Espazos de exposición: 100%
  • Bibliotecas e arquivos, museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 100% da súa capacidade máxima permitida.
  • Cines, teatros, auditorios ou espazos similares: 100% da súa capacidade máxima permitida.

CENTROS, SERVIZOS E ESTABLECEMENTOS SANITARIOS

Medidas específicas:

As visitas e acompañantes dos pacientes hospitalizados poderán acceder aos centros hospitalarios, tanto públicos como privados, sempre que as persoas maiores de 12 anos dispoñan dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado, que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias: 
    • Pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 
    • Proba diagnóstica PCR negativa nas últimas 72 horas anteriores ou 48 horas no caso de tests de antíxenos
    • Recuperación dunha infección diagnosticada nos últimos 6 meses.(caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR.

A medida non será aplicable para o acceso das persoas acompañantes dos pacientes no ámbito das consultas hospitalarias, nin para os acompañantes dos pacientes que acu­dan ao servizo de urxencias hospitalarias. ​


COMPETICIÓNS DEPORTIVAS:

    • Ao aire libre: Público sentado: 100 %
    • Recinto pechado: Público sentado: 80 %


PRAIAS E PISCINAS

  • Piscinas ao aire libre e cubertas:  100% da capacidade máxima
  • Duchas e lavapés ao aire libre: 1 persoa por dispositivo agás no caso de menores ou persoas que necesiten asistencia.
  • Vestiarios e aseos en todas as instalacións: 100 %.
  • Uso obrigatorio da máscara: Accesos, desprazamentos e paseos, cando se produzan aglomeracións de persoas que impidan  manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.


PARQUES ACUÁTICOS

  • 100% da súa capacidade máxima.
  • Control de acceso tanto a entrada como a saída.
  • Uso individual de flotadores ou outros elementos agás no caso de menores ou persoas que necesiten asistencia
  • Duchas e lavapés ao aire libre: 1 persoa por dispositivo agás no caso de persoas que necesiten asistencia.


DESPRAZAMENTOS EN VEHÍCULOS PARTICULARES

  • Tantas prazas como dispoña o vehículo.​
  • Deberase usar sempre máscara dentro do vehículo cando se trate de persoas non conviventes.


ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN

    • Plan de hostalaría segura: https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Novo-Plan-hostalaria-segura​

    • En todos os niveis

        ◦ Interior : máximo 8 persoas por mesa ou agrupación de mesas.

        ◦ Exterior : máximo 15 persoas por mesa ou agrupación de mesas.

MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA TODOS OS NIVEIS

Serán aplicable aos seguintes supostos:

    • Acceso ao interior dos restaurantes e salón de banquetes

    • Acceso ao interior dos bares, cafeterías e furanchos a partir das 21.00 horas

Os clientes, maiores de 12 anos, deben dispoñer dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias:

Pauta completa dunha vacina contra a COVID-19.

Proba diagnóstica PCR negativa nas últimas 72 horas anteriores ou 48 horas no caso de tests de antíxenos. 

Recuperación dunha infección diagnosticada nos últimos 6 meses.(caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR.

Non será necesaria a eshibición de documentación para a prestación de servizo en terrazas situadas no exterior.

    • Nivel 1c (unha cunchiña)

        ◦ Interior : 100 % da capacidade máxima permitida.

        ◦ Terrazas : 100 % da capacidade máxima permitida.

        ◦ Permítese o consumo en barra.

        ◦ Horario do peche ao público: 

            ▪ 01.00 horas 

            ▪ Noite do venres ao sábado e do sábado ao domingo: 01.30 horas.

        ◦ Distancia de seguridade entre mesas ou agrupación de mesas: 1.5 metros.

        ◦ Calidade do aire interior:

            ▪ Avaliación non continua (cada 4 horas e nos momentos de máxima afluencia).

    • Nivel 2c (dúas cunchiñas):

        ◦ Interior : 100 % da capacidade máxima permitida.

        ◦ Terrazas : 100 % da capacidade máxima permitida.

        ◦ Permítese o consumo en barra. 

        ◦ Horario do peche ao público: 

            ▪ 01.00 horas 

            ▪ Noite do venres ao sábado e do sábado ao domingo: 01.30 horas.

        ◦ Distancia de seguridade entre clientes dunha mesa e da contigua: 1.5 metros.

        ◦ Rexistro de clientes no caso de comidas e cenas.

        ◦ Calidade do aire interior:

            ▪ Avaliación continua.​

    • Nivel Seguridade: Situación extraordinaria a decisión da Dirección Xeral de Saúde Pública    

        ◦ Interior :30% da capacidade máxima permitida.

        ◦ Terrazas: 50%  da capacidade máxima permitida.

        ◦ Horario do peche ao público: 23.00 horas

        ◦ Distancia de seguridade entre mesas ou agrupación de mesas: 1,5 metros


ESTABLECEMENTOS DE LECER NOCTURNO

Plan de lecer nocturno de Galicia: 

https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Lecer-nocturno ​

    • Obrigatorio o uso das máscaras.

    • Distancia de seguridade: 1,5 metros entre mesas ou agrupación de mesas así  como nas zonas de tránsito. 

En todos os niveis:

        ◦ Interior : máximo 8 persoas por mesa ou agrupación de mesas.

        ◦ Exterior: máximo 15 persoas por mesa ou agrupación de mesas.

MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA TODOS OS NIVEIS

    • Os clientes deben dispoñer dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias:

Pauta completa dunha vacina contra a COVID-19.

Proba diagnóstica PCR negativa nas últimas 72 horas anteriores ou 48 horas no caso de tests de antíxenos. 

Recuperación dunha infección diagnosticada nos últimos 6 meses.(caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR)

Nivel 1c (unha cunchiña)

    • Interior :100% da capacidade máxima permitida. 

      • Terrazas: 100%  da capacidade máxima permitida.

    •  Horario do peche ao público: 04.00 horas

Noites que van de venres a sábado e de sábado a domingo: 04.30 horas

Salas de festas ou discotecas: 05.00 horas

    • Rexistro de clientes.

    • Calidade do aire interior:

            ▪ Avaliación non continua (polo menos cada 4 horas e nos momentos de máxima afluencia). Non superación 1.000 ppm de CO2

Nivel 2c (dúas cunchiñas):

    • Interior : 100% da capacidade máxima permitida.

    • Terrazas: 100%  da capacidade máxima permitida.

        • Horario do peche ao público: 04.00 horas.

    • Pubs e cafés-espectáculo: 04.00 horas

       Noites que van de venres a sábado e de sábado a domingo: 04.30 horas

    • Salas de festas ou discotecas:05.00 horas

         •  Rexistro de clientes.

         •  Calidade do aire interior:

            ▪ Avaliación continua. Non superación 1000 ppm de CO2          

 • Nivel Seguridade:    

       ◦ Terrazas: 50%  da capacidade máxima permitida. Consumo sentado

        ◦ Horario do peche ao público: 01.00 horas

        ◦ Distancia de seguridade entre mesas ou agrupación de mesas: 1,5 metros

HOTEIS, ALBERGUES E ALOXAMENTOS TURÍSTICOS

MEDIDAS ESPECÍFICAS:

Albergues turísticos: 

Poderanse ocupar o 100 % das prazas dos espazos compartidos sempre que todas as persoas maiores de 12 anos dispoñan dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias:

  • Poderán ofertar a totalidade das habitacións dispoñibles.
  • Zonas comúns dos hoteis, albergues e aloxamentos turísticos: 100% da súa capacidade.
  • Albergues turísticos:
    • ​100% cando se trate de grupo "burbulla" ​ou unidade familiar.
    • 100%  cando:​
      • Presentación dun certificado COVID dos clientes:Pauta completa dunha vacina contra a COVID-19
      • Proba diagnóstica PCR negativa nas últimas 72 horas anteriores ou 48 horas no caso de tests de antíxenos
      • Recuperación dunha infección diagnosticada nos últimos 6 meses.(caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR).
    • Non será obrigatoria a documentación cando a ocupación dos espazos compartidos  non supere o 50% ou grupos burbulla ou de convivencia estable.​

ESTABLECEMENTOS E LOCAIS COMERCIAIS QUE NON FORMEN PARTE DE CENTROS OU PARQUES COMERCIAIS

  • Establecementos retallistas e de actividades de servizos profesionais: 100% da súa capacidade total.
  • No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares: 100% de capacidade total en cada un deles.
  • O horario de peche será o que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente.
  • Establecementos de mais de 2.500 metros: Sistema de control de número de persoas existente.​


ESTABLECEMENTOS QUE TEÑAN A CONDICIÓN DE CENTROS E PARQUES COMERCIAIS, OU QUE FORMEN PARTE DELES E GRANDES SUPERFICIES

  • Establecemento retallista e de actividades de servizos profesionais: 100% da súa capacidade total.
  • O horario de peche será o que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente.
  • No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares: 100% de capacidade total en cada un deles.
  • Sistema de control de número de persoas existentes.
  • Permitirase a utilización das zonas recreativas (zonas recreativas, ludotecas, parque infantís ou áreas de descanso) respetando a capacidade permitida para as zonas comúns 


MERCADOS AO AIRE LIBRE

  • 100% dos postos habituais ou autorizados


CENTROS DE LECER INFANTIL

  • Capacidade máxima tanto no interior como no exterior 100%.


ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE PARA A POBOACIÓN INFANTIL E XUVENIL E ALBERGUES E CAMPAMENTOS XUVENÍS.

  • Actividades de tempo libre: 100 % da súa capacidade máxima
  • Albergues e campamentos xuvenís: 100 % da súa capacidade máxima

ACTIVIDADE DEPORTIVA

Non federada:

  • Ao aire libre e en instalacións deportivas cubertas: de forma individual ou en grupos coa utilización de máscara
  • Instalacións deportivas cubertas: 100% da capacidade máxima permitida.
  • Uso deportivo de piscinas ao aire libre ou cubertas: 100 %
  • Duchas e lavapés ao aire libre: 1 persoa por dispositivo agás no caso de menores ou persoas que necesiten asistencia.
  • Duchas en instalacións pechadas: 100% teñan ou non cabinas.
  • Vestiarios e aseos en todas as instalacións: 100 %.


Federada:

  • Axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados.


ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS DE FORMACIÓN

  • Poderá impartirse dun modo presencial co 100% da capacidade máxima permitida.

ACUARIOS , ESTABLECEMENTOS E ACTIVIDADES ZOOLÓXICAS ,BOTÁNICAS OU XEOLÓXICAS .

  • Poderán realizar a súa actividade co 100% de ocupación.


FESTAS,  VERBENAS E OUTROS EVENTOS POPULARES

  • Deberán realizarse en espazos acoutados
  • Na zona de público non están permitidas as carpas con lonas laterais que impidan a ventilación natural.
  • Pódese bailar, sempre con máscara.
  • Poderá preverse o servizo de comida e bebidas se se realiza en espazos habilitados. O consumo realizarase fóra da zona de baile.
  • Non está permitido fumar, consumir outros produtos do tabaco nin consumir cigarros electrónicos na área de público.
  • A venda/reserva de entradas, de ser o caso, será por adiantado, con rexistro previo dos asistentes.
  • Seranlle de aplicación os protocolos accesibles no seguinte enderezo: https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Espectaculos-musicais-aire-libre


ESPECTÁCULOS MUSICAIS ARTÍSTICOS


ATRACCIÓNS DE FEIRAS

  • Puntos diferenciados de entrada e saída.  
  • Os asistentes e o persoal das atraccións deberán portar máscara de maneira obrigatoria (sempre que non se poida manter a distancia de seguridade).
  • Poderán ocuparse todas as prazas dispoñibles.


PARQUES DE ATRACCIÓNS E TEMÁTICOS, SALÓNS RECREATIVOS E PARQUES MULTIOCIO

  • 100% da súa capacidade máxima.
  • Os asistentes e o persoal das atraccións deberán portar máscara de maneira obrigatoria.
  • Vestiarios e aseos en todas as instalacións: 100 %.


CENTROS SOCIAIS, SOCIOCOMUNITARIOS, CLUBS DE XUBILADOS E CENTROS DE ANÁLOGA NATUREZA

  • 100% da súa capacidade máxima.
ACTIVIDADES TURÍSTICAS, CENTROS DE INTERPRETACIÓN E VISITANTES, AULAS DA NATUREZA, CASETAS E PUNTOS DE INFORMACIÓN
  • Centros de interpretación e visitantes, aulas da natureza, casetas e puntos de información da Rede galega de espazos protexidos e espazos similares​: 100% da súa capacidade.




​​​

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio