ORDE do 14 de decembro de 2021 pola que se establecen medidas preventivas
de seguridade sanitaria consistentes na exhibición de documentación que
acredite o cumprimento de determinados requisitos para o acceso a certos
establecementos e se prorrogan diversas ordes como consecuencia da
evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade
Autónoma de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211217/AnuncioC3K1-151221-1_gl.pdf
ORDE do 23 de marzo de 2022 pola que se prorrogan a Orde do 16 de novembro de 2021 pola que se aproba a exixencia de determinadas medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia no que se refire aos centros hospitalarios, e a Orde do 14 de decembro de 2021 pola que se establecen medidas preventivas de seguridade sanitaria consistentes na exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para o acceso a certos establecementos, no que se refire aos centros sociosanitarios residenciais de maiores e de persoas con discapacidade.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2022/20220325/2925/AnuncioC3K1-240322-4_gl.pdf
Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que se modifica la obligatoriedad del uso de mascarillas durante la situación de crisis sanitaria ocasionada por la COVID-19
https://boe.es/boe/dias/2022/04/20/pdfs/BOE-A-2022-6449.pdf
ORDE do 20 de abril de 2022 pola que se prorrogan a Orde do 16 de novembro de 2021 pola que se aproba a exixencia de determinadas medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia no que se refire aos centros hospitalarios, e a Orde do 14 de decembro de 2021 pola que se establecen medidas preventivas de seguridade sanitaria consistentes na exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para o acceso a certos establecementos, no que se refire aos centros sociosanitarios residenciais de maiores e de persoas con discapacidade.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2022/20220422/2944/AnuncioC3K1-200422-1_gl.pdf
ORDE do 4 de maio de 2022 pola que se prorrogan a Orde do 16 de novembro de 2021 pola que se aproba a exixencia de determinadas medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia no que se refire aos centros hospitalarios, e a Orde do 14 de decembro de 2021 pola que se establecen medidas preventivas de seguridade sanitaria consistentes na exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para o acceso a certos establecementos, no que se refire aos centros sociosanitarios residenciais de maiores e de persoas con discapacidade.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2022/20220506/2957/AnuncioC3K1-040522-1_gl.pdf
As medidas previstas terán efecto desde as 00.00 horas do día 7 de maio de 2022
USO DA MÁSCARA
- Nos medios de transporte aéreo, en autobús e por
ferrocarril así como nos transportes públicos.
- Nos espazos cerrados de buques e embarcacións, nos que non sexa posible manter a distancia de seguridade de 1,5 metros, agás nos camarotes, cando sexan compartidos por núcleos de persoas conviventes.
EXCEPCIÓNS:
- Persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade
respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara ou que, pola
súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía
para quitar a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan
inviable a súa utilización.
DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA
https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/directrices-uso-mascaras
DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA
https://coronavirus.sergas.es/Contidos/directrices-uso-mascaras-ambito-educativo
DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NOS CENTROS SOCIOSANITARIOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA
https://coronavirus.sergas.es/Contidos/directrices-uso-mascaras-centros-sociosanitarios
CENTROS, SERVIZOS E ESTABLECEMENTOS SANITARIOS
Medidas específicas:
As visitas e acompañantes dos pacientes hospitalizados poderán
acceder aos centros hospitalarios, tanto públicos como privados, sempre
que as persoas maiores de 12 anos dispoñan dun certificado emitido polo
servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio
oficial autorizado, que acredite a concorrencia de calquera das
seguintes circunstancias:
• Pauta completa dunha vacina contra a
COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de
comercialización, de conformidade co Regulamento (CE) 726/2004.
• Proba diagnóstica PCR negativa nas últimas 72 horas
anteriores ou 48 horas no caso de tests de antíxenos
• Recuperación dunha infección diagnosticada nos
últimos 6 meses.(caso confirmado de COVID-19 hai 11 días ou máis
mediante unha proba PCR.
Esta medida será aplicable tamén para visitas e acompañantes en
hoteis de pacientes e hospitais de día oncolóxico ou de diálise,
tanto públicos como privados.
A medida non será aplicable para o acceso das persoas acompañantes
dos pacientes no ámbito das consultas hospitalarias, nin para os
acompañantes dos pacientes que acudan ao servizo de urxencias
hospitalarias.
CENTROS SOCIOSANITARIOS RESIDENCIAIS DE MAIORES E DE PERSOAS
CON DISCAPACIDADE
Medidas específicas:
As visitas e acompañantes das persoas residentes poderán acceder a
estes centros tanto públicos como privados, sempre que as persoas
maiores de 12 anos dispoñan dun certificado emitido polo servizo público
de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial
autorizado, que acredite a concorrencia de calquera das seguintes
circunstancias:
• Pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a
cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade
co Regulamento (CE) 726/2004.
• Proba diagnóstica PCR negativa nas últimas 72 horas
anteriores ou 48 horas no caso de tests de antíxenos.
• Recuperación dunha infección diagnosticada nos
últimos 6 meses.(caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis
mediante unha proba PCR.