Nivel de Restrición Media Baixa

DECRETO 77/2021, do 7 de maio, polo que se declara a perda de efectos a partir das 00.00 do 9 de maio de 2021 das medidas adoptadas pola Presidencia da Xunta de Galicia na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARSCoV-2 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210507/2640/AnuncioC3B0-070521-1_gl.pdf

ORDE do 7 de maio de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia tendo en conta a finalización da prórroga do estado de alarma establecida polo Real decreto 956/2020, do 3 de novembro.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210507/2640/AnuncioC3K1-070521-6_gl.html

As medidas previstas nesta orde terán efecto desde as 00:00 horas do día 9 de maio de 2021 ata o 22 de maio de 2021

ORDE do 12 de maio de 2021 pola que se modifica o anexo II da Orde do 7 de maio de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia tendo en conta a finalización da prórroga do estado de alarma establecida polo Real decreto 956/2020, do 3 de novembro.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210512/2643/AnuncioC3K1-120521-2_gl.html

As medidas previstas nesta orde terán efecto desde as 00:00 horas do día 14 de maio de 2021.​


LIMITACIÓN DA PERMANENCIA DE GRUPOS EN ESPAZOS PÚBLICOS OU PRIVADOS 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210507/2640/AnuncioC3K1-070521-6_gl.html

• Limítase a permanencia de grupos de persoas a un máximo de catro persoas en espazos pechados e de seis persoas en espazos abertos ao aire libre,sexan de uso público ou privado, agás que se trate de conviventes .

• No caso de agrupacións en que se inclúan tanto persoas conviventes como persoas non conviventes, o número máximo destas será de catro ou seis persoas en función de si se reúnen en espazos pechados ou abertos.

• As excepcións contémplanse no punto 3 do Apartado Terceiro da Orde de 7 de maio de 2021.

• Entre a 01.00 horas e as 6.00 horas tanto en espazos públicos pechados e abertos como en espazos privados, exclusivamente persoas conviventes.

LIMITACIÓN DA ENTRADA E SAÍDA DAS PERSOAS DO ÁMBITO TERRITORIAL DOS CONCELLOS

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Restriccions-concellos​

• As excepcións contémplanse no punto 2 do Apartado Segundo do Decreto 45/2021 do mércores 17 de marzo da Orden do 7 de maio de 2021.

USO DA MÁSCARA

• A máscara será obrigatoria en todo momento para as persoas de seis ou máis anos, tanto na vía pública, espazos ao aire libre e en espazos pechados de uso público ou abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

• Tamén será obrigatoria para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias e piscinas… así como nos vestiarios.

EXCEPCIÓNS:

• Persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitar a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.

• Nos vehículos de turismo, cando todas as persoas ocupantes convivan no mesmo domicilio.

• No mar, praias e piscinas no momento do baño e mentres se permaneza nun espazo determinado, sempre que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal entre todas as persoas usuarias non conviventes.

• Nos establecementos de hostalaría e restauración, exclusivamente nos momentos estritamente necesarios para comer ou beber.

• No exercicio de deporte individual en espazos ao aire libre, exclusivamente durante a realización da práctica deportiva, sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de 1,5 metros con outras persoas ou deportistas non conviventes. Non obstante, deberá usarse a máscara na práctica do deporte nas vías públicas, como rúas, avenidas, paseos, prazas e camiños de tránsito público, ou outros lugares que sexan lugar de circulación habitual de viandantes e polos que circulen de feito nese momento.

VIDA SOCIAL E COMUNITARIA

• Lugares de culto: 50% da súa capacidade máxima permitida.

• Velorios: 10 persoas  por túmulo sexan ou non conviventes e 25 en espazos abertos.

• Enterramento ou despedida para a cremación: 25 persoas sexan ou non conviventes.

• Actos e reunión laborais, institucionais, académicos ou profesionais: 50% da capacidade autorizada do local. Límite de 150 persoas en locais pechados e 300 persoas en locais ao aire libre.

• Bibliotecas e arquivos, museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 50% da súa capacidade máxima permitida. Actividades culturais: 4 persoas sexan ou non conviventes excluído o monitor ou guía.

• Competicións deportivas, cines, teatros, auditorios, congresos: 50% da súa capacidade máxima permitida. Límite de 500 persoas en locais pechados e 1000 persoas en locais ao aire libre. O público deberá permanecer sentado.

DESPRAZAMENTOS EN VEHÍCULOS PARTICULARES

• Respectaranse as limitacións para grupos de persoas no correspondente ámbito territorial.

• Deberase usar sempre máscara dentro do vehículo cando se trate de persoas non conviventes.

ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN

• No interior: Limitación ao 50% da capacidade máxima permitida. A ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.

• Non se poderá prestar servizo en barra.

• Nas terrazas ao aire libre: Limitación ao 75% das mesas permitidas. A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.

• Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.

• Horario do peche ao público : 23.00 horas.

• Horario do peche ao público dos restaurantes: 1.00 horas sempre que cumpran os requisitos establecidos no marco do Plan de Hostalaría segura.

• Non se pode admitir novos clientes a partir das 00.00 horas.

• Permítese a recollida no local para consumo no domicilio ata as 1.00 horas.

• Permítese a entrega a domicilio ata as 1.00 horas.

HOTEIS E ALOXAMENTOS TURÍSTICOS

• Zonas comúns dos hoteis, albergues e aloxamentos turísticos: 50% da súa capacidade.

• Albergues turísticos: 30 % da súa capacidade

ESTABLECEMENTOS E LOCAIS COMERCIAIS QUE NON FORMEN PARTE DE CENTROS OU PARQUES COMERCIAIS

• Establecementos retallistas e de actividades de servizos profesionais: Límite do 50% de capacidade, independentemente da súa superficie.

• O horario de peche será o que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente.

ESTABLECEMENTOS QUE TEÑAN A CONDICIÓN DE CENTROS E PARQUES COMERCIAIS, OU QUE FORMEN PARTES DELES E GRANDES SUPERFICIES

• Establecemento retallista e de actividades de servizos profesionais: Límite do 50% da súa capacidade total.

• O horario de peche será o que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente.

• A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 30 %.

• No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares: Límite do aforo 50% de capacidade total en cada un deles.

• Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos.

• Zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso deben permanecer pechadas.

MERCADOS AO AIRE LIBRE

• Mercados con menos de 150 postos autorizados: 100% dos postos habituais ou autorizados.

• Mercados con entre 150-250 postos autorizados: 75% dos postos habituais ou autorizados.

• Mercados con máis de 250 postos autorizados: 50% dos postos habituais ou autorizados. 

CENTROS DE LECER INFANTIL

• Capacidade máxima 50% e un ratio dun monitor por cada 10 participantes

• Grupos dun máximo de seis nenos / nenas no exterior e de catro no interior.

ACTIVIDADE DEPORTIVA

Non federada:

• Ao aire libre en grupos de ata seis persoas, sexan ou non conviventes sen contar o monitor ou guía.

• En instalacións deportivas cubertas: de forma individual ou en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes sen contar o monitor ou guía coa utilización de máscara

• Instalacións deportivas cubertas: límite 50% da capacidade máxima permitida.

• Vestiarios e zonas de ducha: límite 30% da capacidade máxima permitida.

Federada:

• Axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados

ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS DE FORMACIÓN

• A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial, sempre que non se supere unha capacidade do 50%.

ACUARIOS , ESTABLECEMENTOS E ACTIVIDADES ZOOLÓXICAS ,BOTÁNICAS OU XEOLÓXICAS .

Soamente poderán realizar a súa actividade cun límite máximo do 50% de ocupación. 

FESTAS, VERBENAS, OUTROS EVENTOS POPULARES 

• Peche das actividades.

ATRACCIÓNS DE FEIRAS
• Espazo acoutado. Puntos diferenciados de entrada e saída.
• Superficie menor ou igual a 8.000 metros cadrados: 500 persoas.
• Superficie superior aos 8.000 metros cadrados: 1.000 persoas.
• Os asistentes e o persoal das atraccións deberán portar máscara de maneira obrigatoria.
• Atraccións con asentos incorporados:  50% de asentos de cada fila agás no caso de persoas conviventes.
• Atraccións sen asentos incorporados:  30% de asentos de cada fila agás no caso de persoas conviventes.            

CENTROS SOCIAIS, SOCIOCOMUNITARIOS, CLUBS DE XUBILADOS E CENTROS DE ANÁLOGA NATUREZA

• Capacidade máxima permitida: 30%.
• Actividades grupais: máximo de 4 persoas, sexan ou non conviventes, excluído o monitor ou guía.

ACTIVIDADES TURÍSTICAS, CENTROS DE INTERPRETACIÓN E VISITANTES, AULAS DA NATUREZA, CASETAS E PUNTOS DE INFORMACIÓN

• Actividades turísticas ao aire libre: grupo ata 8 persoas sexan ou non conviventes  mais o monitor.
• No resto: 50% da súa capacidade e grupos de 6 persoas sexan ou non conviventes.

ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL PERMITIDA 

• Escolas oficiais de idiomas.
• Escolas de arte e superior de deseño.
• Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
• Escola Superior de Arte Dramática.
• Conservatorios de música.
• Conservatorios de danza.
• Escolas de música.
• Escolas de danza.
• Centros autorizados de deportes, centros autorizados de fútbol; centros autorizados de fútbol sala.
• Centros autorizados de artes plásticas e deseño.
• Centros autorizados de música e centros autorizados de danza, salvo que estean integrados en centros docentes que permanezan abertos e que limiten a súa actividade ao alumnado dos ditos centros docentes.
• Escolas de música privadas e escolas de danza privadas.

ACTIVIDADES  NON ESENCIAIS QUE PECHAN TEMPORALMENTE 
I. Espectáculos públicos:
I.3. Espectáculos taurinos.
I.4. Espectáculos circenses.
I.6. Espectáculos feirais e de exhibición.
I.7. Espectáculos pirotécnicos.

II. Actividades recreativas:
II.3. Actividades de lecer e entretemento.
II.4. Atraccións recreativas.

III. Establecementos abertos ao público:
    III.1. Establecementos de espectáculos públicos:
        III.1.4. Circos.
        III.1.5. Prazas de touros.
       
    III.2.3. Establecementos para atraccións e xogos recreativos:
        III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.
        III.2.3.2. Parques acuáticos.
        III.2.3.3. Salóns recreativos.
        III.2.3.4. Parques multilecer.
  
III.2.7. Establecementos de ocio e entretemento.
        III.2.7.1. Salas de festas.
        III.2.7.2. Discotecas.
        III.2.7.3. Pubs.
        III.2.7.4. Cafés-espectáculo.



​​​​