Nivel de Restricción Media

ORDE do 16 de setembro de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210916/2762/AnuncioC3K1-160921-3_gl.html

As medidas previstas nesta orde terán efecto desde as 00:00 horas do día 18 de setembro de 2021

USO DA MÁSCARA

  • A máscara será obrigatoria en todo momento para as persoas de seis ou máis anos en espazos pechados de uso público ou abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
  • Na vía pública e en  espazos ao aire libre, e en ambos casos , cando a  aglomeración de persoas  impidan  manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
  • Nos medios de transporte públicos e privados complementarios de viaxeiros en vehiculos de ata nove prazas . ​
  • Nas actividades no ámbito laboral desenvolvidas en espazos interiores, comúns ou de uso colectivo ou en calquera outra dependencia en que estean varios traballadores/as e/ou clientes será tamén obrigatorio o seu uso.
  • Tamén será obrigatoria para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias e piscinas cando se produzan aglomeracións de persoas que impidan  manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.​

EXCEPCIÓNS:
  • Persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitar a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.
  • Nos vehículos de turismo, cando todas as persoas ocupantes convivan no mesmo domicilio.
  • No mar, praias e piscinas no momento do baño e mentres se permaneza nun espazo determinado, sempre que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal entre todas as persoas usuarias non conviventes.
  • Nos establecementos de hostalaría e restauración, exclusivamente nos momentos estritamente necesarios para comer ou beber.
  • No exercicio de deporte individual en espazos ao aire libre, exclusivamente durante a realización da práctica deportiva, sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de 1,5 metros con outras persoas ou deportistas non conviventes. Non obstante, deberá usarse a máscara na práctica do deporte nas vías públicas, como rúas, avenidas, paseos, prazas e camiños de tránsito público, ou outros lugares que sexan lugar de circulación habitual de viandantes e polos que circulen de feito nese momento.
  • Na práctica do deporte no medio acuático, sexa este natural ou artificial.

VIDA SOCIAL E COMUNITARIA
  • Lugares de culto: 75% da súa capacidade máxima permitida.
  • Velorios: 10 persoas por túmulo sexan ou non conviventes.
  • Enterramento ou despedida para a cremación: 50 persoas sexan ou non conviventes.
  • Congresos, actos e reunións laborais, institucionais, académicos ou profesionais: 75% da capacidade autorizada do local. Límite de 500 persoas en locais pechados e 1000 persoas en locais ao aire libre.
  • Bibliotecas e arquivos, museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 75% da súa capacidade máxima permitida. Actividades culturais: 20 persoas sexan ou non conviventes excluído o monitor ou guía.
  • Cines, teatros, auditorios ou espazos similares: 75% da súa capacidade máxima permitida. O público deberá permanecer sentado.
  • Deberá existir un rexistro de asistentes ao evento, que deberá ser custodiado durante o mes seguinte coa información de contacto
  • Competicións deportivas:
    •     • Mais de 1.500 persoas: 
    •         ◦ Ao aire libre: Público sentado: 60 %
    •         ◦ Recintos pechados: Público sentado: 40 %
    •     • Menos de 1.500 persoas: 
    •         ◦ Público sentado: 75%

PRAIAS E PISCINAS
  • Superficie da praia para cada usuario: debe manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros
  • No caso das piscinas ao aire libre e cubertas:  50% da capacidade máxima
  • Duchas e lavapés ao aire libre: 1 persoa por dispositivo agás no caso de persoas que necesiten asistencia.
  • Duchas en instalación pechadas:: 50 % teñan ou non cabinas.
  • Vestiarios e aseos en todas as instalacións: 100 % naqueles que  dispoñen de  cabinas e 50 % se non despoñen delas.
  • Grupos: Máximo dez persoas non conviventes.
  • Persoas conviventes: Sen límite máximo
  • Uso obrigatorio da máscara: Accesos, desprazamentos e paseos, cando se produzan aglomeracións de persoas que impidan  manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros..

PARQUES ACUÁTICOS
  • Aforo: 50% da capacidade máxima.
  • Uso individual de flotadores ou outros elementos agás no caso de menores ou persoas que necesiten asistencia
  • Recomendación que os grupos non superen as 10 persoas, excepto conviventes.
  • Duchas e lavapés ao aire libre: 1 persoa por dispositivo agás no caso de persoas que necesiten asistencia.
  • Duchas en instalación pechadas:: 50 % teñan ou non cabinas.
  • Vestiarios e aseos: 100 % cabinas e 50 % non cabinas.

DESPRAZAMENTOS EN VEHÍCULOS PARTICULARES
  • Respectaranse as limitacións para grupos de persoas no correspondente ámbito territorial.
  • Deberase usar sempre máscara dentro do vehículo cando se trate de persoas non conviventes.

ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN

      
    • Nivel 1c (unha cunchiña)
      
        ◦ Interior :50% da capacidade máxima permitida. Máximo 8 persoas por mesa ou agrupación de mesas 
        ◦ Terrazas: 75%  da capacidade máxima permitida. Máximo 15 persoas por mesa ou agrupación de mesas 
        ◦ Horario do peche ao público: 01.00 horas.
        ◦ Distancia de seguridade entre mesas ou agrupación de mesas: 1,5 metros.
        ◦ Calidade do aire interior:
            ▪ Avaliación non continua (cada 4 horas e nos momentos de máxima afluencia).
          

    • Nivel 2c (dúas cunchiñas):

        ◦ Interior :75% da capacidade máxima permitida. Máximo 8 persoas por mesa ou agrupación de mesas 
        ◦ Terrazas: 100%  da capacidade máxima permitida. Máximo 15 persoas por mesa ou agrupación  de mesas  
        ◦ Barra: Individual ou  cun máximo de 2 conviventes ou mesma burbulla mantendo a distancia de seguridade 1,5 metros con outros usuarios.
        ◦ Horario do peche ao público: 01.00 horas.
        ◦ Distancia de seguridade entre clientes  dunha mesa e da contigua : 1,5 metros.
        ◦ Rexistro de clientes no caso de comidas e cenas.
        ◦ Calidade do aire interior:
            ▪ Avaliación continua
          

    • Nivel Seguridade: Situación extraordinaria a decisión da Dirección Xeral de Saúde Pública
      
        ◦ Interior :30% da capacidade máxima permitida.Máximo 8 persoas por mesa ou agrupación de mesas 
        ◦ Terrazas: 50%  da capacidade máxima permitida. Máximo 15 persoas por mesa ou agrupación de mesas  
        ◦ Horario do peche ao público: 23.00 horas
        ◦ Distancia de seguridade entre mesas ou agrupación de mesas: 1,5 metros

ESTABLECEMENTOS DE LECER NOCTURNO

No interior: Limitación ao 50% da capacidade máxima permitida. A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.

  • A distribución das mesas e persoas será homoxénea entre as diferentes estancias e andares se existen.
  • Poderá consumirse sentado ou de pé. Non se poderá realizar consumo en barra.
Nas terrazas ao aire libre: 75% da capacidade máxima permitida .A ocupación máxima será de 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.

  • Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.
  • Horario máximo de peche as 3:00 horas.
  • Os establecementos deberán dispor dun rexistro de clientes
https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/837/20210630%20Protocolo%20Ocio%20Nocturno.pdf

HOTEIS, ALBERGUES E ALOXAMENTOS TURÍSTICOS
  • Zonas comúns dos hoteis, albergues e aloxamentos turísticos: 50% da súa capacidade.
  • Albergues turísticos: 100 % da súa capacidade agás grupos "burbulla" ou unidade familiar e 50% da capacidade no resto.

ESTABLECEMENTOS E LOCAIS COMERCIAIS QUE NON FORMEN PARTE DE CENTROS OU PARQUES COMERCIAIS
  • Establecementos retallistas e de actividades de servizos profesionais:  Límite do  75% da súa capacidade total.​
  • O horario de peche será o que  que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente.

ESTABLECEMENTOS QUE TEÑAN A CONDICIÓN DE CENTROS E PARQUES COMERCIAIS, OU QUE FORMEN PARTES DELES E GRANDES SUPERFICIES
  • Establecemento retallista e de actividades de servizos profesionais:  Límite do 75% da súa capacidade total.
  •  O horario de peche será o que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente.​
  • A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 75%.
  • No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares: Límite do 75% de capacidade total en cada un deles.
  • Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos.
  • Permitirase a utilización das zonas recreativas (zonas infantís , ludotecas ou áreas de descanso) respetando a capacidade permitida para as zonas comúns ​

MERCADOS AO AIRE LIBRE
  • Mercados con menos de 250 postos autorizados: 100% dos postos habituais ou autorizados.
  • Mercados con máis de 250 postos autorizados: 75% dos postos habituais ou autorizados.

CENTROS DE LECER INFANTIL    
  • Capacidade máxima 75%.
  • Grupos  dun máximo de dez nenos / nenas no exterior e de seis no interior.

ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE PARA A POBOACIÓN INFANTIL E XUVENIL E ALBERGUES E CAMPAMENTOS XUVENÍS.
  • Ao aire libre: 70% da súa capacidade máxima cun máximo de 125 participantes excluído o persoal monitor.
  • Espazos pechados:70% da súa capacidade máxima cun máximo de 50 participantes excluído o persoal monitor.
  • Actividades en grupo: máximo 10 participantes, excluído o monitor.
  • Albergues e campamentos xuvenís: 70% da súa capacidade máxima
  • Campamentos: Tendas de campaña: 50% da súa capacidade máxima

ACTIVIDADE DEPORTIVA

Non federada:
  • Ao aire libre recoméndase grupos de ata dez persoas, sexan ou non conviventes sen contar, de ser o caso o monitor.
  • En instalacións deportivas cubertas: de forma individual ou en grupos de ata seis persoas, sexan ou non conviventes sen contar o monitor coa utilización de máscara​
  • Instalacións deportivas cubertas: límite 50% da capacidade máxima permitida.​
  • Uso deportivo de piscinas ao aire libre ou cubertas: 50 %
  • Duchas e lavapés ao aire libre: 1 persoa por dispositivo agás no caso de persoas que necesiten asistencia.
  • Duchas en instalación pechadas:: 50 % teñan ou non cabinas.
  • Vestiarios e aseos en todas as instalacións: 100 % naqueles que  dispoñen de  cabinas e 50 % se non despoñen delas.

Federada:
  • Axustarase os correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados.

ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS DE FORMACIÓN
  • A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial, sempre que non se supere unha capacidade do 75%.

ACUARIOS, ESTABLECEMENTOS  E ACTIVIDADES ZOOLÓXICAS, BOTÁNICAS OU XEOLÓXICAS
  • Soamente poderán realizar a súa actividade cun límite máximo do 75% de ocupación​.

ACTIVIDADES TURÍSTICAS, CENTROS DE INTERPRETACIÓN E VISITANTES, AULAS DA NATUREZA, CASETAS E PUNTOS DE INFORMACIÓN
  • Actividades turísticas ao aire libre: grupo ata 30 persoas sexan ou non conviventes  mais o monitor.
  • No resto: 50% da súa capacidade e grupos de  10 persoas no interior e 30 no exterior sexan ou non conviventes.

FESTAS, VERBENAS E OUTROS EVENTOS POPULARES
  • Peche das actividades.

ESPECTÁCULOS MUSICAIS/ARTÍSTICOS

Con público sentado:
75 % da capacidade permitida
Límite máximo: 5000 persoas​



PARQUES DE ATRACCIÓNS E TEMÁTICOS, SALÓNS RECREATIVOS E PARQUES MULTIOCIO
  • Capacidade máxima permitida: 50%.
  • Grupos recoméndase non superar as 10 persoas, excepto no caso de conviventes.
  • Os asistentes e o persoal das atraccións deberán portar máscara de maneira obrigatoria.
  • Vestiarios e aseos en todas as instalacións: 100 % naqueles que  dispoñen de  cabinas e 50 % se non despoñen delas.

ATRACCIÓNS DE FEIRAS
  • Espazos comúns de tránsito: unha persoa cada tres metros cadrados.
  • Puntos diferenciados de entrada e saída.
  • Non se permiten as piscinas de bolas.
  • Os asistentes e o persoal das atraccións deberán portar máscara de maneira obrigatoria (sempre que non se poida manter a distancia de seguridade).
  • Atraccións con asentos incorporados:  50% de asentos de cada fila agás no caso de persoas conviventes.
  • Atraccións sen asentos incorporados:  30% da capacidade máxima da atracción.
  • Atraccións inchables: 50% da súa capacidade.

CENTROS SOCIAIS, SOCIOCOMUNITARIOS, CLUBS DE XUBILADOS E CENTROS DE ANÁLOGA NATUREZA
  • Capacidade máxima permitida: 75%.
  • Actividades grupais: máximo de 6 persoas, sexan ou non conviventes, excluído o monitor ou guía.

​CENTROS DE INTERPRETACIÓN E VISITANTES, AULAS DA NATUREZA, CASETAS E PUNTOS DE INFORMACIÓN DA REDE GALEGA DE ESPAZOS PROTEXIDOS
  • Peche das actividades.

ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL PERMITIDA
  • Escolas oficiais de idiomas.
  • Escolas de arte e superior de deseño.
  • Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
  • Escola Superior de Arte Dramática.
  • Conservatorios de música.
  • Conservatorios de danza.
  • Escolas de música.
  • Escolas de danza.
  • Centros autorizados de deportes, centros autorizados de fútbol; centros autorizados de fútbol sala
  • Centros autorizados de artes plásticas e deseño.
  • Centros autorizados de música e centros autorizados de danza, salvo que estean integrados en centros docentes que permanezan abertos e que limiten a súa actividade ao alumnado dos ditos centros docentes.
  • Escolas de música privadas e escolas de danza privadas.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio