Preguntas frecuentes sobre a influencia COVID-19 no embarazo e na lactación

Preguntas frecuentes sobre a influencia COVID-19 no embarazo e na lactación

Preguntas frecuentes sobre a atención ás mulleres COVID-19 durante o embarazo, parto e puerperio

Versión 22/12/2020


As mulleres embarazadas son máis susceptibles ás infeccións ou teñenun maior risco de desenvolver unha forma grave de COVID-19?

Os cambios inmunolóxicos e fisiolóxicos fan ás mulleres embarazadasmáis susceptibles a calquera infección bacteriana e viral, como a producida polo virus SARS-CoV-2. Por outra banda, os síntomasdebidos as adaptacións fisiolóxicas do embarazo ou complicacións do mesmo poden superpoñerse cos síntomas da COVID-19.

A maioría das mulleres embarazadas infectadas por SARS-CoV-2 pasarána enfermidade de forma leve ou asintomática, pero hai que ter en conta que poden ter un maior risco de contraer unha enfermidade gravepor COVID-19 en comparación coas non embarazadas.

Recoméndase ás mulleres embarazadas aplicar medidas xerais de prevención econtrol de infeccións respiratorias e por contacto con gotas e areosois (hixiene frecuente de mans, manter unha distancia mínima de1,5 metros co resto de persoas e usar unha máscara homologada que cubra dende o nariz ata a barbela incluída).


Supón a COVID-19 un maior risco se estou embarazada?

Actualmente, considérase que a xestación é unha situación de maior risco decomplicacións do curso clínico da COVID-19 e esta constitúe tamén un maior risco para o curso do embarazo.

É importante polo tanto, que tome, precaucións para protexerse contraa COVID-19 e que no caso de presentar síntomas compatibles coa enfermidade contacte por teléfono co equipo asistencial do seucentro de saúde que supervisa o seu embarazo (persoal sanitario especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica/matrona ou enmedicina de familia e comunitaria) para comunicarlle a sintomatoloxía que presenta (febre, tose, dificultade respiratoria de calqueragravidade, dores musculares, diarrea, falta de gusto ou olfacto...). Fóra do horario de consulta do centro de saúde, pode chamar aoteléfono de información xeral sobre o novo coronavirus 900 400 116. En ambos casos proporcionaranlle información e indicaranlle asactuacións a seguir.

Se presenta síntomas de infección compatible con COVID-19, tomaráselleunha mostra para confirmar ou descartar a infección polo novo coronavirus.

  • No caso de que lle indiquen realizar illamento domiciliario, debe quedar na casa, evitar o contacto con outras persoas durante eseperíodo e seguir unha serie de recomendacións que pode consultar na seguinte ligazón:
    • Permaneza nunha habitación de uso individual con fiestra, a poder ser concuarto de baño individual e manteña a porta pechada. Se ten que compartir o cuarto de baño, desinfécteo ben despois de seu uso e nocaso de que vostede non o poida facer, avise á persoa coidadora despois de usalo, mantendo a distancia de seguridade co resto depersoas conviventes e extremando as medidas de hixiene.
    • Manteña a habitación ben ventilada en todo o momento.
    • Dúchese e mude a roupa cada día.
    • Descanse todo o que precise.
    • Beba auga en abundancia e leve a cabo unha alimentación saudable queinclúa froita e verdura.
    • Manteña contacto con familiares e amizades a través do teléfono móbil ouredes sociais.
    • Mantéñase activa, procurando ter unha rutina diaria, practique exerciciosrespiratorios e de relaxación, pilates ou ioga para embarazadas, exercicios de flexibilidade e estiramentos.
    • Se necesita axuda dunha persoa coidadora, vostede debe poñerse unhamáscara cada vez que esta entre na habitación.
    • Se ten que saír, avise ao resto de persoas coas que conviva, utiliceunha máscara cirúrxica e manteña unha distancia interpersoal de polo menos 1,5 metros.
    • Manteña sempre unha correcta hixiene respiratoria.
    • Non comparta utensilios ou roupa do fogar con outras persoas.
    • Lávese con frecuencia as mans con auga e xabón, e sempre despois de soarse,tusir ou esbirrar.
    • Vixíe os seus síntomas, segundo as indicacións que lle proporcionaron,por se se agravan.
    • No caso de que algunha das consultas programadas fose retrasada poloillamento, unha vez rematado este, póñase en contacto co seu centro de referencia para volver a programar unha cita.

Estou embarazada, como podo protexerme contra a COVID-19?

Procure acudir soa ás consultas no centro sanitario, pero se o seu estadoemocional ou físico non lle permite acudir soa, só poderá ir acompañada por unha única persoa.

Debe seguir as instrucións que as autoridades sanitarias indican para ocontrol da transmisión desta enfermidade, que poden cambiar segundo a evolución da pandemia, polo que convén que revise periodicamenteas mesmas na web do Servizo Galego de Saúde/Consellería de Sanidade (https://coronavirus.sergas.es).

Son medidas xenéricas de protección individual que debe ter en conta:

  • Hixiene de mans frecuente (lavado con auga e xabón polo menos durante 20 segundos ou solución hidroalcohólica), especialmentedespois do contacto directo con persoas enfermas ou da súa contorna.
  • Uso obrigatorio de máscara, respectando as excepcións contempladas na lexislación vixente, que debe cubrir nariz ata a barbelaincluída, evite tocala despois de posta e se o fai lave as mans e cámbiea cando estea húmida ou tras 4 horas de uso.
  • Manteña unha distancia interpersoal de seguridade mínima de 1,5 metros.
  • Limite as relacións sociais, evite as aglomeracións e na medida do posible o transporte público.
  • Reduza as viaxes ás estritamente necesarias.
  • Evite as visitas a persoas ingresadas no hospital e na casa durante a pandemia.
  • Realice unha limpeza frecuente de superficies e utensilios ao alcance.
  • Evite tocarse os ollos, o nariz e a boca, xa que as mans facilitan a transmisión.
  • Realice ventilación adecuada de espazos interiores.
  • Cúbrase a boca e o nariz co cóbado flexionado ao tusir ou esbirrar, use panos dun só uso e tíreos tras a súa utilización.

No caso de que estea vostede infectada por SARS-CoV-2 ou sospeite que opode estar, debe autoillarse nunha habitación de uso individual con fiestra, mantendo a porta pechada e póñase en contacto cos servizossanitarios, de acordo coas recomendacións vixentes na Comunidade Autónoma.


Poden as mulleres embarazadas con COVID-19 transmitir o virus ao feto ou aorecentemente nado?

A infección por COVID-19 é unha enfermidade nova. Cos datos que temoshoxe en día podemos dicir que a transmisión vertical nai-fillo/a a través da placenta é posible aínda que pouco frecuente; nos casosnos que ocorre, considérase que se produce despois do nacemento, polo contacto estreito do bebé coas secrecións respiratorias danai. Se ben a prematuridade é máis frecuente, o curso clínico da COVID-19 en neonatos ten bo prognóstico.

Respecto da transmisión a través do leite materno, só se puido detectarmaterial xenético do virus no leite, non se detectaron virus viables. Nos casos detectados non se puido descartar que atransmisión fose por contacto e por gotas e aerosois .


Se me poño de parto practicaranme unha cesárea?

A decisión sobre a vía de finalización do embarazo mediante partopor vía vaxinal ou cesárea debe ser tomada de maneira individualizada e multidisciplinar, en función do estado clínico edas condicións obstétricas.


Poderei dar lactación materna ao meu bebe se teño COVID-19?

A lactación materna protexe fronte a diversas enfermidades no períodoposnatal e durante toda a infancia. E o efecto protector é particularmente intenso contra as enfermidades infecciosas, que sepreveñen mediante o paso de anticorpos da nai ao fillo ou filla.

O coñecemento científico actual sobre a COVID-19 recomenda iniciar alactación materna tralo nacemento e mantela, sempre que as condiciones clínicas do recentemente nado e da súa nai así opermitan e se manteñan medidas para a prevención da infección.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) e outros organismosinternacionais recomendan manter a lactación materna exclusiva os 6 primeiros meses de vida, tanto para casos confirmados como probablesde COVID-19, sempre e cando se manteñan medidas para a prevención de infección por microorganismos transmitidos por gotas/aerosois epor contacto. Recoméndase continuar coa lactación materna despois dos seis meses, xunto con outros alimentos complementarios adecuados,ata os dous anos de idade ou máis, mentres vostede e o seu fillo/a o desexen.


Que medidas debo tomar durante a lactación se teño COVID-19?

Se vostede presenta COVID-19, e está aleitando, debe utilizar unhamáscara sempre, tamén durante a alimentación do seu fillo ou filla e realizar a hixiene das mans antes e despois do contacto co neno ounena, así como limpar e desinfectar de forma rutineira as superficies coas que estivo en contacto. Entre tomas, sempre que sexaposible, procure manter unha distancia de 1,5 metros co bebé e manter unha correcta ventilación da habitación.

En situacións nas que a gravidade dos síntomas da COVID-19 ou outrascomplicacións lle impidan coidar ao seu bebé ou continuar coa lactación materna directa, se o desexa pode extraer o leite (paraevitar problemas de ingurxitación mamaria ou mastite). Pida axuda a outra persoa sa para que, de forma segura, lle administre ao bebé oleite que vostede se sacou. A persoa coidadora que llo proporcione aplicará tamén as medidas apropiadas de prevención e control deinfeccións previstas. O bebé pode continuar beneficiándose das vantaxes da lactación materna mentres vostede non pode alimentalodirectamente ao peito.

O leite extraído para ser administrado ao bebé por outra persoa sanon necesita ser pasteurizado. Tamén se pode conxelar para darllo máis adiante.


Podo tocar e ter en brazos ao meu bebe recentemente nado se teño aCOVID-19?

  • O contacto pel con pel dende o nacemento e o coidado nai canguro,axudan a establecer o vínculo e favorecen tamén o desenvolvemento neurobiolóxico da criatura.
  • Pode coller ao bebé no colo procurando en todo momento manter as medidasde hixiene respiratoria e de contacto, debe lavar as mans antes e despois de tocar ao seu bebé e manter todas as superficies limpas.
  • Utilice máscara continuamente cando estea na mesma habitación que o neno ounena, e lave as mans antes e despois de tocalo. Limpe e desinfecte as superficies coas que estivo en contacto de forma rutineira. Entretomas, sempre que sexa posible, procure manter unha distancia mínima de 1,5 metros co bebé e manter unha correcta ventilación dahabitación.
  • Recoméndase realizar o illamento dentro do mesmo cuarto, sempre que sexa posiblepara facilitar a alimentación e o contacto e interacción co bebé.


Que ocorre coas consultas programadas en atención primaria?

Na actualidade mantéñense as consultas prenatais e puerperaispresenciais e continuase coas consultas telefónicas ou telemáticas. Para as consultas presenciais programadas é probable que lle deancita para a primeira hora da mañá.

No caso de que estivera en illamento ou corentena e non asistira aalgunha das consultas programadas coa súa matrona de atención primaria, acórdese de contactar por teléfono para programar unhanova cita tan pronto se recupere e remate o período de illamento/corentena.

Se vostede se sente máis preocupada do habitual ou nota que ten cambiosde estado de ánimo repentinos, que se sinte constantemente incompetente como nai ou incluso nota rexeite cara o bebé,comuníquello a un/unha profesional da saúde .

En relación coas sesións de educación sanitaria de grupo pre ouposnatais presenciais, manteranse sempre e cando sexa posible. No caso de que non se poidan realizar nesta modalidade, cada ÁreaSanitaria considerará a posibilidade de levalas a cabo vía telemática mediante o uso de tecnoloxías da información e acomunicación.


Como debe actuar se  ten unha urxencia médica durante o embarazo ouo puerperio?

Contacte telefonicamente co equipo de atención primaria que habitualmenterealiza o seguimento prenatal ou puerperal (persoal sanitario especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica/matrona ou enmedicina de familia e comunitaria) para comunicar a súa situación.

Se a urxencia se produce fóra do horario ordinario de consulta deatención primaria, debe chamar ao 061.


É preciso ter precaucións especiais en relación cos bebésalimentados con preparados infantís?

​​Cando vostede optase pola alimentación do seu fillo ou filla conpreparados infantís, teña especial precaución coa hixiene do material utilizado para a preparación do leite e siga as pautasestándar de alimentación infantil, coas máximas precaucións de hixiene respiratoria e de contacto con gotas/aerosois, tamén cando atoma de leite lle sexa administrada por outra persoa coidadora, que debe estar san.

Utilice máscara durante todo o procedemento, previo lavado de mans, limpetodos os utensilios con auga quente e xabón antes e despois de cada uso e esterilíceos unha vez ao día.

Lave as mans antes e despois de ofrecerlle a toma ao bebé e utilice unhamáscara cando estea na mesma habitación que o neno ou nena.


Recursos online de interese:

Información do Servizo Galego de Saúde sobre o novo coronavirus:https://coronavirus.sergas.gal/

Documentos técnicos do Ministerio de Sanidade para profesionais sobre o novocoronavirus: https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/documentos.htm

UNICEF: https://www.unicef.org/covid-19

Organización Mundial de la Salud.https://www.who.int/es/news-room/q-a-detail/q-a-on-covid-19-pregnancy-childbirth-and-breastfeeding

European Center for Disease Control ECDC:https://www.ecdc.europa.eu/en/covid-19-pandemic

IHAN. Iniciativa para la humanización de la asistencia al nacimiento y lalactancia: https://www.ihan.es/

Asociación Española de Lactancia Materna. http://aelama.org/

Asociación para la Promoción e Investigación científica y cultural de laLactancia Materna: https://apilam.org/

Página web sobre lactancia, medicamentos y enfermedades:http://www.e-lactancia.org/

Federación galega de grupos de apoio á lactación materna FEDEGALAMA:https://coidatecoidame.sergas.es/Lactacion-natural/Grupos-apoio-lactacion?idioma=ga

Federación Española de Asociaciones Pro-lactancia materna FEDALMA: https://www.fedalma.org/

La Liga de la Leche Internacional: https://www.llli.org/

Federación galega de grupos de apoio á lactación materna FEDEGALMA:https://coidatecoidame.sergas.es/Lactacion-natural/Grupos-apoio-lactacion?idioma=ga

Federación Española de Asociaciones Pro-lactancia materna FEDALMA:https://www.fedalma.org/​

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde