Restricións Nivel Máximo con Medidas Excepcionais

Restricións Nivel Máximo con Medidas Excepcionais

RESTRICIÓNS NIVEL MÁXIMO CON MEDIDAS EXCEPCIONAIS
(Arteixo, Viveiro e Xinzo de Limia)    


ORDE do 19 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

DECRETO 5/2021, do 19 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

LIMITACIÓN DA LIBERDADE DE CIRCULACIÓN DAS PERSOAS EN HORARIO NOCTURNO

Real Decreto 956/2020, de 3 de noviembre, por el que se prorroga el estado de alarma declarado por el Real Decreto 926/2020, de 25 de octubre, por el que se declara el estado de alarma para contener la propagación de infecciones causadas por el SARS-CoV-2.

  • Durante o periodo comprendido entre as 22:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización de, entre outras, as seguintes actividades:
  1. Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.
  2. Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
  3. Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.
  4. Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
  5. Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.
  6. Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
  7. Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
  8. Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
  9. Reposición en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.    

RESTRICIÓNS ÁS AGRUPACIÓNS DE PERSOAS  

  • Limitar os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.
  • Non será aplicable esta limitación no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.
  • Para limitacións de mobilidade consulte o apartado “Restricións perimetrais” 

VIDA SOCIAL E COMUNITARIA     

  • Celebracións con motivo de cerimonias relixiosas ou civis:  cun máximo de 50 persoas en espazos pechados e 100 ao aire libre. 
  • Lugares de culto:1/3 da súa capacidade máxima permitida.
  • Velorios: 10 persoas en espazos pechados e 25 en espazos abertos sexan ou non conviventes.
  • Enterramento ou despedida para a cremación: 25 persoas entre familiares e achegados sexan ou non conviventes.

ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN

  • PECHE DAS ACTIVIDADES.
  • PERMITÉSE A ENTREGA A DOMICILIO
  • PERMITESE RECOLLIDA NO LOCAL PARA  CONSUMO NO DOMICILIO

ESTABLECEMENTOS DE ALOXAMENTO TURISTICO E ALBERGUES

  • Zonas comúns dos hoteis e aloxamentos  turísticos: 50% da súa  capacidade.

COMERCIO, CENTROS COMERCIAIS, GRANDES SUPERFICIES  E MERCADOS AO AIRE LIBRE 

  • Locais e establecementos, independentemente da súa superficie: Límite do aforo 50% de capacidade.
  • Centros comerciais e establecementos con consideración de grandes superficies: No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares: Límite do aforo   30% de capacidade en cada un deles.
  • Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos.
  • A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 30 %.
  • Zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso deben permanecer pechadas.
  • Os establecementos comerciais deberán pechar ao público ás 21:30 horas
  • Mercados ao aire libre:  50 % dos postos habituais ou autorizados.

ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS DE FORMACIÓN E ACTIVIDADE FORMATIVA XESTIONADA OU FINANCIADA POLA ADMON. AUTONÓMICA

  • A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do 50% respecto do máximo permitido.

FESTAS, VERBENAS, OUTROS EVENTOS POPULARES  E ATRACCIÓNS DE FEIRAS

  • Peche das actividades.               

ACTIVIDADES  NON ESENCIAIS QUE PECHAN TEMPORALMENTE

I. Espectáculos públicos:
    I.1. Espectáculos cinematográficos.
    I.2. Espectáculos teatrais e musicais.
    I.3. Espectáculos taurinos.
    I.4. Espectáculos circenses.
    I.5. Espectáculos deportivos.
    I.6. Espectáculos feirais e de exhibición.
    I.7. Espectáculos pirotécnicos.

II. Actividades recreativas:
    II.1. Actividades culturais e sociais.
    II.2. Actividades deportivas.​
    II.3. Actividades de ocio e entretemento.
    II.4. Atraccións recreativas.
    II.7. Actividades de restauración.
    II.8. Actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.

III. Establecementos para o público:
    III.1. Establecementos de espectáculos públicos:
        ​III.1.1. Cines.​
        III.1.2. Teatros.
        III.1.3. Auditorios.​
        III.1.4. Circos.
        III.1.5. Prazas de touros.
        III.1.6. Establecementos de espectáculos deportivos
        III.1.7. Recintos feirais.
    III.2. Establecementos de actividades recreativas:
        III.2.1. Establecementos de xogo.
        III.2.1.1. Casinos.
        III.2.1.2. Salas de bingo.
        III.2.1.3. Salóns de xogo.
        III.2.1.4. Tendas de apostas.
    III.2.2. Establecementos para actividades deportivas
        III.2.2.1. Estadios deportivos.
        III.2.2.2. Pavillóns deportivos.
        III.2.2.3. Recintos deportivos.
        III.2.2.4. Pistas de patinaxe.
        III.2.2.5. Ximnasios.
        III.2.2.6. Piscinas de competición.
        III.2.2.7. Piscinas recreativos de uso colectivo.     
    III.2.3. Establecementos para atraccións e xogos recreativos:
        III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.
        III.2.3.2. Parques acuáticos.
        III.2.3.3. Salóns recreativos.
        III.2.3.4. Parques multiocio.
    III.2.4. Establecementos para actividades culturais e sociais:
        III.2.4.5. Salas de concertos.
    III.2.5. Establecementos de restauración.
        III.2.5.1. Restaurantes.​
         III.2.5.1.1. Salóns de banquetes.
       III.2.5.2. Cafeterías.
       III.2.5.3. Bares.​
    III.2.6. Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.
    III.2.7. Establecementos de ocio e entretemento.
        III.2.7.1. Salas de festas.
        III.2.7.2. Discotecas.
        III.2.7.3. Pubs.
        III.2.7.4. Cafés-espectáculo.
        III.2.7.5. Furanchos.
        III.2.8. Centros de lecer infantil.​

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde