Ante
a utilización de probas de detección rápida de antíxenos de
SARS- CoV-2 comercializadas como de autodiagnóstico da COVID-19, hai
que ter presente o seguinte:
Persoa
con síntomas compatibles con COVID-19 (caso sospeitoso).
Non hai situación na que se recomende o uso de probas de
autodiagnóstico ás persoas con síntomas compatibles porque, sexa
o seu resultado positivo ou negativo,
sempre deberán facer illamento e consultar con un profesional
sanitario.
As
persoas con síntomas compatibles con COVID-19
deberán
comezar inmediatamente o illamento domiciliario e pedir cita
decontado co seu médico, directamente ou a través do telefono 881 54 00 45
, para que valore o cadro clínico e, se procede, solicite
unha proba diagnóstica de infección activa (PDIA). Asemade, deberá
informar ás persoas coas que comparte domicilio, que mentres non se
teña o resultado da PDIA deben evitar ás interaccións sociais e
permanecer no domicilio o maior tempo posible.
Información
sobre como realizar o illamento domiciliario pódese obter nesta
ligazón.
Persoa
sen síntomas compatibles con COVID-19.
As persoas sen síntomas compatibles con COVID-19 poden realizar unha
proba de autodiagnóstico ben na farmacia, baixo a supervisión do
farmacéutico, ou ben realizala noutro lugar sen supervisión. Cando
se realiza supervisada, o farmacéutico rexistra o resultado da proba
e con el emite un Certificado de proba diagnóstica da Consellería
de Sanidade.
Resultado
positivo:
As persoas que obteñan un resultado positivo serán consideradas
casos sospeitosos e deberán comezar inmediatamente o illamento
domiciliario [ligazón]
e informar ás persoas coas que comparte domicilio de que, mentres
non teña un resultado definitivo, deben evitar ás interaccións
sociais e permanecer no domicilio o maior tempo posible.
-
As persoas con resultado positivo que
realizaron o autodiagnóstico COA supervisión do farmacéutico,
recibirán nas seguintes 24 horas unha chamada de Saúde Pública que lle fará unha pequena enquisa e solicitará cita
para realizar unha PCR.
-
As persoas con resultado positivo que
realizaron o autodiagnóstico SEN a supervisión do farmacéutico,
teñen que chamar ao número 881 54 00 45,
que inicia un procedemento semellante ao descrito no parágrafo
anterior.
Resultado
negativo:
As persoas que obteñan un resultado negativo non teñen nada
particular que facer e poden seguir coa súa vida, mantendo sempre as
medidas de prevención e control da transmisión que estean vixentes
(uso de máscara, distancia social, hixiene de mans). Ademais debe
saber que:
-
o resultado negativo non se pode
utilizar para acurtar ou finalizar o período de illamento ou de
corentena.
-
o resultado negativo non serve para
certificar a ausencia de infección activa de cara a obter o
certificado COVID dixital de proba negativa.
-
o resultado negativo avalado co
Certificado de proba diagnóstica da Consellería de Sanidade entregado
pola farmacia serve como certificado de proba negativa de cara ao
acceso aos locais dos concellos con este tipo de restrición [ligazón].
Resumo:
Actuación
en función do resultado da proba de autodiagnóstico:
-
Autodiagnóstico realizado CON
supervisión e resultado POSITIVO: illamento + esperar a chamada de Saúde Pública.
-
Autodiagnóstico realizado SEN
supervisión e resultado POSITIVO: illamento + chamar ao 881 54 00 45
.
-
Resultado NEGATIVO: Vida normal
seguindo as recomendacións de control da COVID-19.
versión: 01 29/07/2021
Este documento pode sufrir modificacións. Ver actualizacións en:
https://www.sergas.gal/Saude-publica/COVID-19-DXSP