• Faga unha vida o máis regular e ordenada posible, sen cambios bruscos de hábitos.
• Tome sempre o anticoagulante á mesma hora para non esquecerse.Tome a dose diaria exacta que lle dixeron.
• Para levar un mellor control, tache no calendario facilitado, unha vez tomada, a súa dose diaria.
• Se esquece tomar a dose á hora que ten por costume, pode facelo a outra hora pero no mesmo día, pero nunca xunte a dose dun día coa do día seguinte.
• Se ten algunha dúbida solicite cita telefónica co seu/súa médico/a de cabeceira.
• A alimentación debe de ser equilibrada e variada. https://xenteconvida.sergas.es
• Hai alimentos ricos en vitamina K como as verduras de cor verde (espinacas, brócoli, repolo entre outras, e algunhas froitas como kiwi e arandos). O consumo destes alimentos debe de controlarse seguindo sempre as recomendacións que lle indicaron.
• Non abuse de bebidas alcohólicas porque poden alterar seriamente o control.
• Non falte ao control o día e á hora que lle indicaron no centro de saúde.
• Se sangra por as enxivas, nariz, cos ouriños e/ou as deposicións de cor escura, ou aparecen hematomas de forma espontánea, deberá poñerse en contacto telefónico co seu centro de saúde.
Recorde:
• Pode consultar o seu plan de dispensación na plataforma é-saúde , se vostede a ten activada.
• As farmacias poden facer entrega de medicamentos e produtos sanitarios a domicilio se é preciso.