Preguntas frecuentes sobre a
atención ás mulleres COVID-19 durante o embarazo, parto e puerperio
Versión
22/12/2020
As
mulleres embarazadas son máis susceptibles ás infeccións ou teñenun maior risco de desenvolver unha forma grave de COVID-19?
Os
cambios inmunolóxicos e fisiolóxicos fan ás mulleres embarazadasmáis susceptibles a calquera infección bacteriana e viral, como a
producida polo virus SARS-CoV-2. Por outra banda, os síntomasdebidos as adaptacións fisiolóxicas do embarazo ou complicacións
do mesmo poden superpoñerse cos síntomas da COVID-19.
A
maioría das mulleres embarazadas infectadas por SARS-CoV-2 pasarána enfermidade de forma leve ou asintomática, pero hai que ter en
conta que poden ter un maior risco de contraer unha enfermidade gravepor COVID-19 en comparación coas non embarazadas.
Recoméndase
ás mulleres embarazadas aplicar medidas xerais de prevención econtrol de infeccións respiratorias e por contacto con gotas e
areosois (hixiene frecuente de mans, manter unha distancia mínima de1,5 metros co resto de persoas e usar unha máscara homologada que
cubra dende o nariz ata a barbela incluída).
Supón
a COVID-19 un maior risco se estou embarazada?
Actualmente,
considérase que a xestación é unha situación de maior risco decomplicacións do curso clínico da COVID-19 e esta constitúe tamén
un maior risco para o curso do embarazo.
É
importante polo tanto, que tome, precaucións para protexerse contraa COVID-19 e que no caso de presentar síntomas compatibles coa
enfermidade contacte por teléfono co equipo asistencial do seucentro de saúde que supervisa o seu embarazo (persoal sanitario
especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica/matrona ou enmedicina de familia e comunitaria) para comunicarlle a sintomatoloxía
que presenta (febre, tose, dificultade respiratoria de calqueragravidade, dores musculares, diarrea, falta de gusto ou olfacto...).
Fóra do horario de consulta do centro de saúde, pode chamar aoteléfono de información xeral sobre o novo coronavirus 900 400 116.
En ambos casos proporcionaranlle información e indicaranlle asactuacións a seguir.
Se
presenta síntomas de infección compatible con COVID-19, tomaráselleunha mostra para confirmar ou descartar a infección polo novo
coronavirus.
- No caso de que lle indiquen realizar illamento domiciliario, debe
quedar na casa, evitar o contacto con outras persoas durante eseperíodo e seguir unha serie de recomendacións que pode consultar na
seguinte ligazón:
- Permaneza
nunha habitación de uso individual con fiestra, a poder ser concuarto de baño individual e manteña a porta pechada. Se ten que
compartir o cuarto de baño, desinfécteo ben despois de seu uso e nocaso de que vostede non o poida facer, avise á persoa coidadora
despois de usalo, mantendo a distancia de seguridade co resto depersoas conviventes e extremando as medidas de hixiene.
- Manteña
a habitación ben ventilada en todo o momento.
- Dúchese
e mude a roupa cada día.
- Descanse
todo o que precise.
- Beba
auga en abundancia e leve a cabo unha alimentación saudable queinclúa froita e verdura.
- Manteña
contacto con familiares e amizades a través do teléfono móbil ouredes sociais.
- Mantéñase
activa, procurando ter unha rutina diaria, practique exerciciosrespiratorios e de relaxación, pilates ou ioga para embarazadas,
exercicios de flexibilidade e estiramentos.
- Se
necesita axuda dunha persoa coidadora, vostede debe poñerse unhamáscara cada vez que esta entre na habitación.
- Se
ten que saír, avise ao resto de persoas coas que conviva, utiliceunha máscara cirúrxica e manteña unha distancia interpersoal de
polo menos 1,5 metros.
- Manteña
sempre unha correcta hixiene respiratoria.
- Non
comparta utensilios ou roupa do fogar con outras persoas.
- Lávese
con frecuencia as mans con auga e xabón, e sempre despois de soarse,tusir ou esbirrar.
- Vixíe
os seus síntomas, segundo as indicacións que lle proporcionaron,por se se agravan.
- No
caso de que algunha das consultas programadas fose retrasada poloillamento, unha vez rematado este, póñase en contacto co seu centro
de referencia para volver a programar unha cita.
Estou
embarazada, como podo protexerme contra a COVID-19?
Procure
acudir soa ás consultas no centro sanitario, pero se o seu estadoemocional ou físico non lle permite acudir soa, só poderá ir
acompañada por unha única persoa.
Debe
seguir as instrucións que as autoridades sanitarias indican para ocontrol da transmisión desta enfermidade, que poden cambiar segundo
a evolución da pandemia, polo que convén que revise periodicamenteas mesmas na web do Servizo Galego de Saúde/Consellería de Sanidade
(https://coronavirus.sergas.es).
Son
medidas xenéricas de protección individual que debe ter en conta:
- Hixiene de mans frecuente (lavado con auga e xabón polo menos
durante 20 segundos ou solución hidroalcohólica), especialmentedespois do contacto directo con persoas enfermas ou da súa contorna.
- Uso obrigatorio de máscara, respectando as excepcións contempladas
na lexislación vixente, que debe cubrir nariz ata a barbelaincluída, evite tocala despois de posta e se o fai lave as mans e
cámbiea cando estea húmida ou tras 4 horas de uso.
- Manteña unha distancia interpersoal de seguridade mínima de 1,5
metros.
- Limite as relacións sociais, evite as aglomeracións e na medida do
posible o transporte público.
- Reduza as viaxes ás estritamente necesarias.
- Evite as visitas a persoas ingresadas no hospital e na casa durante a
pandemia.
- Realice unha limpeza frecuente de superficies e utensilios ao
alcance.
- Evite tocarse os ollos, o nariz e a boca, xa que as mans facilitan a
transmisión.
- Realice ventilación adecuada de espazos interiores.
- Cúbrase a boca e o nariz co cóbado flexionado ao tusir ou esbirrar,
use panos dun só uso e tíreos tras a súa utilización.
No
caso de que estea vostede infectada por SARS-CoV-2 ou sospeite que opode estar, debe autoillarse nunha habitación de uso individual con
fiestra, mantendo a porta pechada e póñase en contacto cos servizossanitarios, de acordo coas recomendacións vixentes na Comunidade
Autónoma.
Poden
as mulleres embarazadas con COVID-19 transmitir o virus ao feto ou aorecentemente nado?
A
infección por COVID-19 é unha enfermidade nova. Cos datos que temoshoxe en día podemos dicir que a transmisión vertical nai-fillo/a a
través da placenta é posible aínda que pouco frecuente; nos casosnos que ocorre, considérase que se produce despois do nacemento,
polo contacto estreito do bebé coas secrecións respiratorias danai. Se ben a prematuridade é máis frecuente, o curso clínico da
COVID-19 en neonatos ten bo prognóstico.
Respecto
da transmisión a través do leite materno, só se puido detectarmaterial xenético do virus no leite, non se detectaron virus
viables. Nos casos detectados non se puido descartar que atransmisión fose por contacto e por gotas e aerosois .
Se
me poño de parto practicaranme unha cesárea?
A
decisión sobre a vía de finalización do embarazo mediante partopor vía vaxinal ou cesárea debe ser tomada de maneira
individualizada e multidisciplinar, en función do estado clínico edas condicións obstétricas.
Poderei
dar lactación materna ao meu bebe se teño COVID-19?
A
lactación materna protexe fronte a diversas enfermidades no períodoposnatal e durante toda a infancia. E o efecto protector é
particularmente intenso contra as enfermidades infecciosas, que sepreveñen mediante o paso de anticorpos da nai ao fillo ou filla.
O
coñecemento científico actual sobre a COVID-19 recomenda iniciar alactación materna tralo nacemento e mantela, sempre que as
condiciones clínicas do recentemente nado e da súa nai así opermitan e se manteñan medidas para a prevención da infección.
A
Organización Mundial da Saúde (OMS) e outros organismosinternacionais recomendan manter a lactación materna exclusiva os 6
primeiros meses de vida, tanto para casos confirmados como probablesde COVID-19, sempre e cando se manteñan medidas para a prevención
de infección por microorganismos transmitidos por gotas/aerosois epor contacto. Recoméndase continuar coa lactación materna despois
dos seis meses, xunto con outros alimentos complementarios adecuados,ata os dous anos de idade ou máis, mentres vostede e o seu fillo/a o
desexen.
Que
medidas debo tomar durante a lactación se teño COVID-19?
Se
vostede presenta COVID-19, e está aleitando, debe utilizar unhamáscara sempre, tamén durante a alimentación do seu fillo ou filla
e realizar a hixiene das mans antes e despois do contacto co neno ounena, así como limpar e desinfectar de forma rutineira as
superficies coas que estivo en contacto. Entre tomas, sempre que sexaposible, procure manter unha distancia de 1,5 metros co bebé e
manter unha correcta ventilación da habitación.
En
situacións nas que a gravidade dos síntomas da COVID-19 ou outrascomplicacións lle impidan coidar ao seu bebé ou continuar coa
lactación materna directa, se o desexa pode extraer o leite (paraevitar problemas de ingurxitación mamaria ou mastite). Pida axuda a
outra persoa sa para que, de forma segura, lle administre ao bebé oleite que vostede se sacou. A persoa coidadora que llo proporcione
aplicará tamén as medidas apropiadas de prevención e control deinfeccións previstas. O bebé pode continuar beneficiándose das
vantaxes da lactación materna mentres vostede non pode alimentalodirectamente ao peito.
O
leite extraído para ser administrado ao bebé por outra persoa sanon necesita ser pasteurizado. Tamén se pode conxelar para darllo
máis adiante.
Podo
tocar e ter en brazos ao meu bebe recentemente nado se teño aCOVID-19?
- O
contacto pel con pel dende o nacemento e o coidado nai canguro,axudan a establecer o vínculo e favorecen tamén o desenvolvemento
neurobiolóxico da criatura.
- Pode
coller ao bebé no colo procurando en todo momento manter as medidasde hixiene respiratoria e de contacto, debe lavar as mans antes e
despois de tocar ao seu bebé e manter todas as superficies limpas.
- Utilice
máscara continuamente cando estea na mesma habitación que o neno ounena, e lave as mans antes e despois de tocalo. Limpe e desinfecte as
superficies coas que estivo en contacto de forma rutineira. Entretomas, sempre que sexa posible, procure manter unha distancia mínima
de 1,5 metros co bebé e manter unha correcta ventilación dahabitación.
- Recoméndase
realizar o illamento dentro do mesmo cuarto, sempre que sexa posiblepara facilitar a alimentación e o contacto e interacción co bebé.
Que
ocorre coas consultas programadas en atención primaria?
Na
actualidade mantéñense as consultas prenatais e puerperaispresenciais e continuase coas consultas telefónicas ou telemáticas.
Para as consultas presenciais programadas é probable que lle deancita para a primeira hora da mañá.
No
caso de que estivera en illamento ou corentena e non asistira aalgunha das consultas programadas coa súa matrona de atención
primaria, acórdese de contactar por teléfono para programar unhanova cita tan pronto se recupere e remate o período de
illamento/corentena.
Se
vostede se sente máis preocupada do habitual ou nota que ten cambiosde estado de ánimo repentinos, que se sinte constantemente
incompetente como nai ou incluso nota rexeite cara o bebé,comuníquello a un/unha profesional da saúde .
En
relación coas sesións de educación sanitaria de grupo pre ouposnatais presenciais, manteranse sempre e cando sexa posible. No
caso de que non se poidan realizar nesta modalidade, cada ÁreaSanitaria considerará a posibilidade de levalas a cabo vía
telemática mediante o uso de tecnoloxías da información e acomunicación.
Como
debe actuar se ten unha urxencia médica durante o embarazo ouo puerperio?
Contacte
telefonicamente co equipo de atención primaria que habitualmenterealiza o seguimento prenatal ou puerperal (persoal sanitario
especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica/matrona ou enmedicina de familia e comunitaria) para comunicar a súa situación.
Se
a urxencia se produce fóra do horario ordinario de consulta deatención primaria, debe chamar ao 061.
É
preciso ter precaucións especiais en relación cos bebésalimentados con preparados infantís?
Cando
vostede optase pola alimentación do seu fillo ou filla conpreparados infantís, teña especial precaución coa hixiene do
material utilizado para a preparación do leite e siga as pautasestándar de alimentación infantil, coas máximas precaucións de
hixiene respiratoria e de contacto con gotas/aerosois, tamén cando atoma de leite lle sexa administrada por outra persoa coidadora, que
debe estar san.
Utilice
máscara durante todo o procedemento, previo lavado de mans, limpetodos os utensilios con auga quente e xabón antes e despois de cada
uso e esterilíceos unha vez ao día.
Lave
as mans antes e despois de ofrecerlle a toma ao bebé e utilice unhamáscara cando estea na mesma habitación que o neno ou nena.
Recursos
online de interese:
➢ Información
do Servizo Galego de Saúde sobre o novo coronavirus:https://coronavirus.sergas.gal/
➢ Documentos
técnicos do Ministerio de Sanidade para profesionais sobre o novocoronavirus:
https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/documentos.htm
➢ UNICEF:
https://www.unicef.org/covid-19
➢ Organización
Mundial de la Salud.https://www.who.int/es/news-room/q-a-detail/q-a-on-covid-19-pregnancy-childbirth-and-breastfeeding
➢ European
Center for Disease Control ECDC:https://www.ecdc.europa.eu/en/covid-19-pandemic
➢ IHAN.
Iniciativa para la humanización de la asistencia al nacimiento y lalactancia: https://www.ihan.es/
➢ Asociación
Española de Lactancia Materna. http://aelama.org/
➢ Asociación
para la Promoción e Investigación científica y cultural de laLactancia Materna: https://apilam.org/
➢ Página
web sobre lactancia, medicamentos y enfermedades:http://www.e-lactancia.org/
➢ Federación
galega de grupos de apoio á lactación materna FEDEGALAMA:https://coidatecoidame.sergas.es/Lactacion-natural/Grupos-apoio-lactacion?idioma=ga
➢ Federación
Española de Asociaciones Pro-lactancia materna FEDALMA: https://www.fedalma.org/
➢ La
Liga de la Leche Internacional: https://www.llli.org/
➢ Federación
galega de grupos de apoio á lactación materna FEDEGALMA:https://coidatecoidame.sergas.es/Lactacion-natural/Grupos-apoio-lactacion?idioma=ga
➢ Federación
Española de Asociaciones Pro-lactancia materna FEDALMA:https://www.fedalma.org/