Que é Radar COVID?
Radar COVID é a aplicación deseñada e dirixida pola Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia artificial do Goberno de España para axudar a evitar a propagación do coronavirus (COVID-19).
Radar COVID avísache de maneira anónima do posible contacto que puideches ter nos últimos 14 días cunha persoa que resultase infectada utilizando a tecnoloxía Bluetooth de baixo consumo.
Radar COVID ademais permite:
- Comunicar de forma anónima o teu diagnóstico positivo.
- Comunicar a exposición de forma anónima ás persoas coas que estiveches en contacto.
Radar COVID garante a seguridade e privacidade e é 100% anónimo. Por iso non solicitamos nin o teu nome, nin o teu teléfono, nin o teu correo electrónico.
De onde podo descargar a app?
Que fago se recibín unha alerta de contacto de risco na app?
Se vostede atópase actualmente en Galicia e recibiu unha notificación indicándolle un posible contacto de risco, por favor chámenos ao 881 54 00 04 para que podamos avaliar o seu risco de exposición á COVID-19. Tras esta valoración, facilitarémoslle todas as recomendacións que necesitará para evitar novos contaxios.